Xinzo adhírese ao Padroado da Fundación Carlos Casares

Membros fundación Carlos Casares
Xinzo adhírese ao Padroado da Fundación Carlos Casares

O Concello de Xinzo de Limia participou na Xunta Extraordinaria do Padroado da Fundación Carlos Casares, celebrada este mércores no Salón de Plenos do Concello.

O Concello de Xinzo de Limia participou na Xunta Extraordinaria do Padroado da Fundación Carlos Casares, celebrada este mércores no Salón de Plenos do Concello. Presidida polo alcalde Amador Díaz e por Xabier Casares, presidente da Fundación, a sesión contou coa presenza de Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura.

Durante a reunión, nomeouse a Gustavo Adolfo Garrido como Vicepresidente da Fundación, e incorporouse oficialmente o alcalde Amador Díaz ao Padroado en representación da institución municipal. Esta incorporación reforza o compromiso do Concello coa promoción da cultura e a preservación do legado do escritor Carlos Casares.