O Concello de Xinzo de Limia garda un minuto de silencio en memoria da vítima de violencia machista en Viveiro
15:39 20/12/24
15:39 20/12/24
Nin unha menos. Non á violencia machista.
O Concello de Xinzo de Limia gardou este venres, 20 de decembro, un minuto de silencio en sinal de condena polo asasinato machista ocorrido en Viveiro e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima, unha muller de 42 anos.
Desde o Concello reafirmamos o noso compromiso na loita contra a violencia machista e recordamos a importancia de unir forzas como sociedade para erradicar esta lacra.
A violencia de xénero é unha realidade que nos interpela a todos e todas. Instamos a seguir traballando pola igualdade, pola seguridade e polo dereito das mulleres a vivir sen medo.