O Concello de Xinzo de Limia consulta á cidadanía sobre a reinstalación dunha fonte na Praza Maior
O prazo para participar esta aberto ata o 5 de Xaneiro. So poden participar as persoas censadas en Xinzo.
Como parte das decoracións do Nadal 2024, o Concello de Xinzo de Limia instalou unha réplica decorativa da antiga fonte da Praza Maior. A boa acollida por parte da veciñanza e a ilusión xerada levaron ao Concello a propoñer a reinstalación dunha nova fonte permanente, de pedra e completamente funcional.
Para levar a cabo esta decisión de maneira participativa, o Concello lanza unha consulta á cidadanía para que os veciños poidan expresar a súa opinión.
A participación é sinxela: cada persoa censada en Xinzo de Limia poderá votar a través dun formulario de Google Docs, indicando o seu nome completo, DNI, correo electrónico e a súa opinión sobre a proposta.
O prazo para participar estará aberto ata o 5 de xaneiro de 2025, coincidindo co final da programación de Nadal. Os resultados daranse a coñecer o día 6 de xaneiro de 2025.
Ligazón ao formulario: https://forms.gle/
Desde o Concello de Xinzo de Limia anímase a toda a veciñanza a participar e opinar sobre esta iniciativa que busca recuperar un símbolo emblemático da vila.