As cousas hai que pedilas ben, para que o universo resposte adecuadamente

Manolita, a cabalo, e as súas amigas de celebración
As cousas hai que pedilas ben, para que o universo resposte adecuadamente

Dende os 15  anos esperando un cabalo e conseguiuno aos 50 

Dende fai dous anos todos coñecemos a este grupo de veciñas que dende o famoso día no que nos deitamos coa celebración do "premio conseguido" na primitiva chegadas estas datas intentan facer algo para sacarnos un sorriso.

IMG 20241217 193833

Este ano a súa amiga Manolita Feijóo cumpriu 50 anos e preparáronlle unha festa ao seu estilo polas rúas da vila e sobre todo fixéronlle o agasallo que como ela comentou lle pedía xa cando tiña 15 anos ao seu pai. "Sempre quixen un cabalo", e mira por onde foi o agasallo das súas amigas no día que cumpriu 50.

Non todo foi tan fácil. Para elo tiveron que acudir ao entroideiro Acacio, de todo o mundo coñecido para que lles prestara o seu afamado cabalo de entroido. Tal foi o problema que, sabémolo de boa tinta" tivo que perder a partida das tardes cos seus colegas no ITACA para "pasarlle a ITV, como el dixo, ao cabalo, posto que estaba sen preparar. E así foi o cabalo serviu para que Manolita cumprise o seu sono dende moza de pasear por Xinzo a lomos dun cabalo.

Que nunca falte o humor e as risas, sobre todo nestas datas. Parabéns a Manolita e as súas amigas. Tamén hai que ver como se lle piden as cousas ao universos, porque as veces non entende ben e pasan estas cousas.