Rubén Simeó e a súa trompeta embelesaron a Xinzo
O público asistente aplaudiu en pe cada interpretación do artista
Onte a tarde a igrexa Nova de Xinzo, unha vez mais, converteuse no auditorio musical, neste caso no esperado concerto de trompeta que de Rubén Simeó acompañado pola banda da Agrupación Musical da Limia, da cal dixo, que sen lugar a dúbidas era unha das bandas con máis xente nova das que o levan acompañándoo nos máis de 50 concertos que leva dado por España neste 2024.
Alcalde, concelleiros e representante da Xunta no concerto de Rubén Simeó
Cada vez que remataba cada unha das máis de 10 pezas que interpretou Rubén o público rompía en aplausos, algún deles con todos en pe de varios minutos. Cada vez o artista foise sentindo arroupado tanto polos membros da banda como do público facendo un bis cunha canción de ABBA que estaba sempre presente na súa vida de cativo.
Final do concerto agradecendo o traballo dos músicos da Agrupación Musical da Limia
O próximo día 1 Rubén Simeó fará o concerto de ano novo en Ourense no auditorio, ao que animou a aqueles que queiran volver a velo, e a aqueles que hoxe non puideron a desfrutar unha vez máis do seu talento coa trompeta, esta vez iso si, previo paso por taquilla.
Breve resumo fotográfico do concerto.