TEO, un TEA que xoga nun equipo de baloncesto

Equipo mini de TEO
TEO, un TEA que xoga nun equipo de baloncesto

 O club baloncesto Xinzo ten no seu equipo (federado) de mini a un neno con Trastorno del Espectro Autista





Quizais para algúns dos que lean o titular, por non estar familiarizados con este trastorno que padece TEO,  non comprendan o gran significado que ten este feito, polo que vamos a tratar de explicar o importante e noticiable que é que un neno con TEA poida estar, primeiro xogando, segundo facelo cuns compañeiros a un deporte colectivo e por suposto e en tercer lugar que os compañeiros non solo o acepten no xogo se non que para o equipo sexa o líder.

Axuntamos un vídeo gravado directamente (non está trucado, nin feito con IA, sucedeu tal e como se ve, en directo), no que TEO pode entrar a canastra despois de recibir un balón do seu co-adestrador e por riba mete canastra como xa quixeran moitos dos seus compañeiros.

B6666e8d 83c2 49e1 82f3 2ef389fcaa9c

Equipo mini do A.B. Xinzo

Pero todo isto non e froito dun día. A Teo Meno Folgoso, súa nai dende pequeniño, na cuna, vía que o seu comportamento non era lóxico e comezou a levalo aos médicos ata que antes dos dous anos o diagnostican como TEA.Nese momento comezan a traballar con especialistas para que canto antes se poida integrar, nesta nosa sociedade, tan pouco integradora cos diferentes.

Comeza a traballar con terapeutas que o axudan a el e a familia. Cando chega a idade escolar intégrase no CEIP Carlos Casares  no que conta coa axuda dunha profesora preferente (Sandra), coa súa titora (Laura)  e un coidador, xa solo no comedor. A vez comeza a ir a piscina, sempre coa axuda fora do colexio dunha terapeuta  de Limisi.

Cats

Certo día TEO quere probar o baloncesto en achegase xunto coa súa nai e a monitora de Limisi ata o club A.B. Xinzo no que sen dudalo aceptan a que TEO se integre no equipo de baybasquet o ano pasado e este xa conta con ficha federativa no de mini.

Este ano comenta Luis Miguel, que non falta a ningún adestramento, acompañado da monitora da asociación e si esta non pode vir é el o que se encarga de participar con TEO nos adestramentos.

OS COMPAÑEIROS ENCANTADOS

De momento TEO non vai a xogar os partidos pero está totalmente integrado cos seus compañeiros e estes encantados e satisfeitos de poder colaborar para que TEO se sinta feliz e desfrute como un máis do tempo que duran os adestramentos.

Comenta tamén Luis M. que un dos esforzos primeiros foron os de  que TEO quixera por a equipación, algo que para estes nenos e unha canastra tripla.

Eva Folgoso, a súa nai, manifestase agradecida e orgullosa de que gracias a todas as persoas que participan dunha ou de outra maneira na formación de TEO, neste momento o A.B. XINZO e sobre todo o seu presidente, o seu fillo non solo este mais integrado nesta sociedade que tantas trabas pon as “persoas diferentes”, no seu caso non sexa así. Tamén se acorda neste camiño de Manolo o director do grupo de teatro ANEIS no que leva 3 anos TEO, e por suposto ao profesorado do CEIP Carlos Casares e a asociación LIMISI

Luis Miguel, adestrador e presidente do club insístelle aos compañeiros de Teo que eles serán recordados e presumirán, non dos títulos ou campionatos, se chegaran a gañar, se non, serán recordados por pertencer ao equipo de TEO.

Hoxe precisamente se celebra a gala do deporte en Xinzo, veremos se TEO está galardoado.