Detido o presunto autor de varios roubos en Xinzo e Bande
Empregaba o método do tirón en mulleres de avanzada idade e roubaba en gasolineiras.
O Equipo de Roca da Garda Civil de Celanova, no marco da Operación "Karburanti" ,detivo o día 21 de decembro a un veciño de nacionalidade portuguesa, de 48 anos, como presunto autor de varios delitos:
- Un delito de roubo con violencia e intimidación, o día 11 de decembro nunha gasolineira de Bande. Onde tras ameazar cunha navalla a unha empregada apoderouse de 250€.
- Un delitos de estafa, o día 17 de decembro ao abandonar unha gasolineira en Xinzo sen aboar o combustible repostado.
- Un delito de roubo con violencia, o día 17 de decembro en Xinzo tras abordar a unha veciña de 82 anos e apoderarse dun bolso con 100€, empregando o método do tirón, a vítima presentou parte de lesións.
- Un delito de roubo con violencia, o día 19 de decembro en Xinzo tras abordar a unha veciña de 84 anos de idade e apoderarse dun bolso con 20€, empregando o método do tirón, a vítima tamén presentou parte de lesións.
O caso foi levado polo Xulgado de Instrucción de Bande e Xinzo de Limia.