Como novidades, Pazolandia contará no exterior co "Martillo Kamikace", un péndulo de dobre eixo con xiros de 360 grados. No pavillón principal estará tamén una pista de patinaxe sobre xeo
Pazolandia abriu as súas portas esta mañá
Estará a berto en horarios de 11 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 co precio das entradas de anos anteriores, 5€ individual e 4 en grupos organizados por concellos.
Os máis de 8.000 metros de actividades que ofrecerá Pazolandia estarán repartidos en dous pavillóns interiores e no exterior, onde estarán as atraccións máis grandes e para os máis mozos, así como diversos postos de restauración e probas de habilidade. Como novidade exterior, Pazolandia contará coa atracción "Martillo Kamikace", un péndulo de dobre eixo con xiros de 360 grados.
No pavillón auxiliar situaranse as atraccións para os máis cativos, o tren para toda a familia, inchables e carruseis. Tamén estará a zona de ludoteca con parque de bolas e o espazo do xoguete, coas últimas tendencias para os máis pequenos.
Na planta baixa, ou pavillón principal, estarán os tirachinas, a montaña rusa tigre ou o circuíto de motos. Como gran novidade este ano, tamén contemplará una pista de patinaxe sobre xeo. Por último, na primeira planta haberá obradoiros de maquillaxe, tatuaxe, tatuaxe, globoflexia e unha zona dedicada ás últimas novidades en videoxogos, incluíndo simuladores de condución.