Gran poboado de Nadal en Blancos
Varios veciños e veciñas construiron unha aldea de Nadal nos Blancos con máis de 200 pezas nunha finca
Mª Carmen, Julia, Esperanza,Celsa Puri, Pepi, Erundina, Ángeles,Juan Flores e Juan Rodríguez son artífices de que Blancos neste Nadal sexa un dos pobos máis visitados da comarca.
Maricarmen co seu equipo de traballo
Eles en pouco máis dun mes, pensaron, mellor dito a da idea foi Maricarmen , unha andaluza casada nos Blancos que trouxo tamén a súa irmá de vacacións para que lle axudara e puxo a traballas as demais veciñas para construír todas as pezas que conforman esta aldea cun gran Portal de Belén e co resto da aldea espallada nunha finca aberta a que todos os que queiran pasen a ver e gozar desta montaxe, que nada ten que envexar as mellores de calquera cidade e que prometen que o ano que ven vai a ser moito maior. Xunto con Juan tamén lle puxeron unha iluminación a súa casa moi grande. Pero non queda todo na aldea/pobo, se non que polas rúas de Blancos tamén teñen espalladas moitas de figuras, a maioría delas iluminadas.
O interés deste grupo de veciños é de que a xente non lle colla medo ao frio e se pase por Os Blancos nestes días. Ah! a noite da reportaxe facía 2 grados máis que en Xinzo.