Volve LIMIALANDIA ao pavillón de Xinzo
LIMIALANDIA 25: Diversión infantil no Nadal en Xinzo de Limia
Mañá ás 16:00 abrirá as súas portas o xa tradicional parque de atraccións que se monta no pavillón de Xinzo no que os máis cativos de entre 3 e 11 anos terán unha morea de "cachivaches" nos que se divertir, xunto con moitas actividades.
O horario normal será polas mañáns de 10:30 a 13:30 e polas tardes de 16:00 a 20:00, agás o día primeiro de ano que non haberá apertura de mañá e o 31 e 5 que non haberá pola tarde.
Inchables, pintacaras, tattoos e moitos xogos farán as delicias de todos aqueles que queioran achegarse ata Limialandia sendo a entrada totalmente gratuíta, iso si, cun aforo limitado a 60 participantes por hora.Lémbrase a todos os que acudan que teñen que levar calzado axeitado para participar nas actividades.
Con esta iniciativa, o Concello de Xinzo de Limia aposta unha vez máis pola promoción do lecer infantil durante as festas do Nadal, ofrecendo unha alternativa divertida, segura e de balde para as familias da comarca.