Roubo violento a unha familia de comerciantes de Xinzo
Xa é a segunda vez que lles acontece.
Os feitos tiveron lugar o 19 de decembro, catro individuos encapuchados asaltaron na súa vivenda a unha muller de 62 anos e o seu fillo de 36, en Xinzo. Xa é a segunda vez que sofren un altercado deste tipo.
Os encapuchados ían armados cunha pistola e un coitelo. O roubo, que tiña como obxectivo cartos e xoias, produciuse de xeito violento. Os delincuentes agrediron o fillo propinándolle fortes golpes na cabeza. Baixo ameazas, os atracadores fixéronse cun botín duns 7.000€ en efectivo e arredor de 2.000€ en xoias.
Unha vez dentro da vivenda, golpearon a nai e fillo, encerrando a esta na sala de caldeiras e levando o fillo a unha furgoneta onde sería maniatado con bridas. Unha vez finalizado o roubo volveron xuntar a nai e fillo na sala de caldeiras, non sen antes golpealos e ameazalos.
Sospeitase que os atracadores estiveron facendo labores de vixilancia previamente, dado que so tardaron 20 minutos en levalo a cabo. A familia, comerciantes coñecidos da vila, teñen o seu establecemento nunha das rúas mais céntricas, e preto a súa vivenda.
A investigación dos feitos estase levando a cabo polo Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia, en colaboración coa Policía Xudicial da Garda Civil.