Os Reis Magos chegarán a Xinzo este 5 de xaneiro

Foto arquivo: Recepción no concello no ano 23
Os Reis Magos chegarán a Xinzo este 5 de xaneiro

 O vindeiro domingo, día 5 de xaneiro, Xinzo de Limia recibirá aos Reis Magos de Oriente nunha tarde chea de ilusión para pequenos e maiores.

A cabalgata sairá ás 17:30 horas da Praza Carlos Casares, pasando pola Praza Maior e a rúa Dous de Maio, ata chegar ao Pavillón de Deportes, onde terá lugar a recepción ás 18:00 horas. En caso de choiva, manterase unicamente a recepción no Pavillón de Deportes ás 18:00 horas.

Como é costume, os Reis Magos visitarán previamente a residencia da terceira idade para compartir un momento especial cos nosos maiores.

Cabalgata reis

Para máis información ou actualizacións, pódese consultar as redes sociais oficiais do Concello de Xinzo de Limia.