Os "Magos" tamén fixeron parada en Xinzo
Antes de ser recibidos polos nenos no pavillón visitaron o centro de día e a residencia de maiores.
Como non podía ser de outra maneira os "magos de oriente" en canto chegaron a Xinzo foron recibidos no salón de plenos do concello, para despois trasladarse ata o centro de día e a residencia de maiores, onde deixaron os primeiros regalos do día e da noite.
Como a chuvia non deixaba a posibilidade da cabalgata polas rúas, directamente foron ao pavillón onde unhas gradas ateigadas de pequenos, pais e avós os esperaban e recibiron con fortes aplausos. Despois de ser presentados polos concelleiros Carlos e Mª Ángeles ás súas maxestades recibiron un a un a todos os rapaces e rapazas que quixeron para lle trasladar as últimas peticións, recordándolle, xa as peticións da carta e como non facerse a correspondente foto do momento.
Así remataron as celebracións do Nadal 2024 en Xinzo.