A Limia zona de risco de inundacións
Tras o desastre natural da DANA, que tivo lugar na Comunidade de Valencia o ano pasado, o mapa de zonas inundables viuse modificado. Inda que os niveis de choiva, de caudais e zonas inundadas sinalan que a DANA de Valencia foi un evento extraordinario do que apenas había rexistros ata a data.
Esta modificación reflexa o aumento de dous millóns de vivendas en risco. O 7,9% do parque inmobiliario do país, cálculos elaborados a partir dos datos do Catastro e do Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables (SNCZI). Durante a época da burbulla inmobiliario a construción de vivendas levouse a cabo sen ter en conta as concas hidrográficas, pero na actualidade séguese a construír. Entre 1997 e 2008, construíronse mais de 464.000 fogares nas áreas de risco de riadas en España.
Deste análise podemos observar que a comunidade con maior porcentaxe de vivendas en zonas inundables segue sendo Murcia (26,9%), seguida de Asturias (14,3%), Cantabria (12,9%) e Euskadi (12,6%).
Os expertos advirten que a emerxencia climática fai cada vez mais necesario a prevención nas zonas inundables, incluso naquelas zonas onde a probabilidade sexa baixa. Inda que non está claro que vaia aumentar a frecuencia de fenómenos violentos como as DANAS, pero do que xa hai evidencias é que a súa intensidade será maior. O quentamento global traerá consigo DANAs cada vez mais destrutivas.
Na actualidade, o Regramento de Dominio Público Hidráulico, e as normativas de cada comunidade autónoma, establecen límites para a construción, por riba de todo nas Zonas de Fluxo Preferente, que é onde existe unha probabilidade media de que a auga baixe a un metro de altura e a unha velocidade de 1 m/s.
A Limia
Os datos do Catrasto e do Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables, amosan que a comarca da Limia atopase nunha zona onde o risco de inundacións é evidente. Xa que a Lagoa de Antela segue a pervivir baixo o solo.
A Lagoa contaba cunha superficie de aproximadamente de 3600 hectáreas, uns 42 Km cadrados. Extensión que aumentaba na época de choivas. Era un dos humedais mais importantes da Peninsula Iberica, a súa desecación durante a época Franquista, que hoxe en día sería considerado un atentado medioambiental, non impide que durante as épocas de choivas algunhas partes da Lagoa se volvan anegar, pero nesas zonas, onde antes había moita fauna e flora, agora hai vivendas e campos de cultivos. O que posiciona a comarca como unha zona de risco de inundacións.