As Raíñas Magas de Sarreaus traballan por un mundo entre iguais.
Trouxeron mensaxes de Paz, Amor e Ilusión
Un ano mais viñeron as Raíñas Magas da Escola Rural de Saúde da Limia a Sarreaus, foi no Tele-club onde se encontraron cos veciños, especialmente cos nenos e maiores, e trouxeron mensaxes de Paz, Amor e Ilusión, e tamén de Traballo, Experiencia e Forza, enfoque que lle dan ao traballo que realizan coa perspectiva de que sexa posible un mundo entre iguais no que non nos diferencie a raza, a ideoloxía, a idade ou o sexo.
As mulleres sempre estivemos presentes, e o 5 de xaneiro mais que nunca, que sirva para dar visibilidade a outras moitas mulleres de tódalas idades que están tódolos días do ano traballando para dar continuidade a VIDA, e que esta sexa posible nas mellores condicións de benestar, porque tod@s somos necesari@s para fortalecer ese tecido social comunitario que sustenta o noso rural.
A os nenos, dicirlles que constrúan os seus recordos xunto cos coñecementos e experiencias dos seus avós, porque en eles está a sabiduría. Pero por riba de todo... que compartamos, que todo chega e todo pasa, o único que permanece son os momentos de felicidade vividos xuntos, sabendo que o rural é o mellor lugar para envellecer e desfrutar dunha vida plena.
A actividade foi levada a cabo coa colaboración do Concello de Sarreaus e o apoio da Deputación de Ourense.