Cumprimos co calendario que nos propuxemos para estas datas (Carlos Gómez)

Cumprimos co calendario que nos propuxemos para estas datas (Carlos Gómez)

A marxe de mellora pasa por un espazo multiusos, ou auditorio

Carlos Gómez, concelleiro de Cultura  de Xinzo, valorou positivamente toda a programación preparada dende a súa concellería para as festas de Nadal 24/25, valorando a colaboración das entidades de Xinzo, conservatorio, escolas municipais varias, así como a axuda da Xunta coa que se puido ver os concertos de Rubén Simeó e Guadi Galego cuxo nivel, cada un no seu campo musical están fora de toda dúbida.

Tamén fixo o concelleiro fincapé na valoración moi positiva, tanto da Gala da Cultura de Xinzo, na que foron distinguidas case 50 persoas entre individuais e colectivos, como o premio Carlos Casares de xornalismo que esta edición, marca un punto de inflexión no mesmo, despois da elección dunha personalidade periodística a nivel nacional, como foi  Pilar Cernuda.

IMG 20241227 215245Carlos Gómez, na entrega da distinción ao CDR O Viso na Gala da Cultura 2024

Carlos, está persoalmente moi satisfeito pola segunda edición dos premios da cultura, porque di que este pobo necesita autoestima, e esta é unha maneira de agradecer, non solo aos veciños de Xinzo, se non tamén a a outros da Limia, posto que Xinzo é a capitalidade da Limia. A nivel persoal penso que Xinzo ten pouca autoestima. Facemos moitas cousas en todos os eidos, individualmente e colectivamente pero que moitas veces pasa un pouco desapercibido tanto en Xinzo como na Limia, e creo que é moi importante que as concellarías que temos esa repercusión, tanto cultural como deportivamente se lles faga ese recoñecemento público.


Necesidade real dun auditorio

Durante a análise das distintas actuacións importantes que se levaron a cabo, as xa nomeadas e os dous musicais queda patente unha cuestión, que Xinzo non conta cun local adecuado para facer esta clase de eventos, polo que unha vez máis Carlos reivindica a axuda das administracións para que canto antes axuden a este grupo de goberno formado polo PP e Axil e que cumpramos coas promesas electorais, unha delas a de contar nesta lexislatura cun auditorio ou polo menos dun espazo multiusos.

DSC2736

A FONTE UN ÉXITO TOTAL

Seguindo co análise do Nadal non podemos deixar de facer referencia a instalación, como adorno da praza, da copia da fonte que antano tivo a praza. O éxito foi tal que xurdiu a idea de facer unha consulta popular sobre, despois dos comentarios da veciñanza, a maioría moi positivos, sobre a posibilidade de volver a instalar unha réplica, esta vez en pedra da fonte antiga. Non quere adiantar o resultado da enquisa, porque iso teno que facer o alcalde, pero pensa que a gran maioría si quere que se faga.

Para rematar e preguntado polo marxe de mellora de cara ao ano que ven, di que efectivamente se pode mellorar, pero para iso , volve a repetir que fai falla un espazo onde caiban ata 400 persoas e cun escenario amplo para que luzan as actuacións e se poidan traer outros espectáculos, non solo no Nadal, se non noutras épocas do ano a Xinzo, porque se non a capacidade de mellora no eido cultural e moi difícil.