Condeado un veciño de Xinzo por facer propostas de caracter sexual a unha menor.

Condeado un veciño de Xinzo por facer propostas de caracter sexual a unha menor.

Foi condenado a dous anos de prisión por un delito de corrupción de menores.

Os feitos ocurriron en novembro de 2022, un home de 84 anos veciño de Xinzo, José V.G., acercouse en varias ocasións a unha xove de 16 anos, para ofrecerlle diñeiro a cambio de relacións sexuais.

O acusado foi condenado este mércores a dous anos de prisión por un delito de corrupción de menores. Durante o xuízo admitiu que lle propuxo manter relacións sexuais a unha xove, que daquelas tiña 16 anos, a cambio de 20€. A xove estudante da localidade, atopábase na estación de autobuses cando se lle acercou esta persoa e lle fixo a proposta.


O acusado renocoñeceu os feitos e aceptou a pena imposta. Non entrará en prisión, pero impuxéselle unha orde de alexamento polo que non poderá acercarse a denunciante a menos de 150 metros durante 5 anos. Xa o 25 de novembro de 2022 o Xulgado Mixto de Xinzo dictou un acto no que se lle prohibía o acusado acercarse a menor, ademais da prohibición de comunicarse con ela.

A fiscal e o avogado da defensa chegaron a un acordo de conformidade polo que se lle rebaixará a pena 1 ano, xa que inicialmente pedian 3 anos de prisión.