A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia estará en XINZO DE LIMIA.
O vindeiro martes, 14 de xaneiro, en horario de 9 a 14 H, na praza Carlos Casares.
A oficina móbil de Retorno da Xunta ofrecera os servizos de:
🔹 Asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as diferentes axudas ecónomicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia.
🔹 Asistencia en trámites administrativos incluíndo xestións de temas relacionados coa sanidade, educación e seguridade social
🔹 Información tributaria
🔹 Orientación laboral, axudando na busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro
🔹 Información sobre opcións de vivenda
Este servizo creouse para facilitar o retorno e a integración dos galegos que regrasan a súa terra tras residir no estranxeiro. A oficina movil ofrece atención personalizada e apoio para atender as necesidades das persoas retornadas e dos seua familiares.