As datas das aliñacións serán o 21 de xaneiro, o 28 de febreiro e o 11 de agosto.

Aliñación planetaria, voltaran os titans?

Aliñación planetaria, voltaran os titans?

Segundo a mitoloxía grega os Titáns foron encarcelados no Tartaró, a espera de que se aliñaran os planetas e os puideran liberar, será esta a ocasión?



Este ano os amantes e afeccionados do cosmos están de noraboa, xa que teñen tres datas no calendario onde poderán desfrutar das danzas cósmicas, feitos pouco habituais. Estas aliñacións planetarias extraordinarias non volverán suceder ata o ano 2492. As datas son o 21 de xaneiro, o 28 de febreiro e o 11 de agosto.

Este fenómeno dáse porque os planetas do noso sistema orbitan arredor do Sol, seguindo unha traxectoria marcada pola forza gravitacional que exerce o astro rei, coñecida como eclíptica. Por iso dicimos que é un efecto óptico dende a perspectiva da Terra.

O efecto visual logra que vexamos a varios planetas nunha soa liña imaxinaria, dende a nosa perspectiva na Terra. Nesta ocasión, o 21 de xaneiro, os planetas que poderemos ver son: Venus, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Catro deles poderán verse a simple vista, para os mais afastados será preciso o uso de telescopio.

25janLocalización dos planetas o 21 de xaneiro.

Despois o 28 de febreiro volverá haber unha aliñación, pero nesta ocasión sumarase Mercurio, polo que serán 7 os planetas aliñados, un espectáculo coñecido como unha gran aliñación planetaria, que non se repetirá ata o 19 de maio do ano 2161. E o 11 de agosto, o último deste ano, aliñaranse Mercurio, Venus, Xupiter, Urano, Neptuno e Saturno.

28febLocalización dos planetas o 28 de febreiro.

En Galicia, si has condicións meteorolóxicas son favorables, catro deles poderanse observar a simple vista. A partir deste luns xa poderá empezar a verse, ademais haberá lúa chea co cal será mais doado.

Como poder observar a aliñación planetaria:

- Venus será o planeta mais doado de recoñecer, xa que brilla mais que calquera estrela.

- Preto de Venus, atopase Saturno, entre o 17 e o 18 de xaneiro, Venus e Saturno estarán no seu punto mais próximo entre eles.

- Na mesma liña que os anteriores, pero un pouco mais afastado estará Xúpiter.

- Alexandonos un pouco mais estará Marte. O 16 de xaneiro a Terra pasará entre Marte e o Sol, polo que será o mellor momento para ver o planeta vermello.

- Urano e Neptuno tamén estarán nesa aliñación planetaria, pero non serán visibles a simple vista. Farán falta prismáticos para ver a Urano e telescopio para ver a Neptuno.