Non vamos a colocar o mesmo nos mesmos sitios, nin a mesma iluminación, nin a mesma decoración no Nadal 2025
"Nunca estivo a praza tan bonita como este ano" (Ricardo Sieiro)
"Buscabase que os veciños e veciñas estiveran orgullosos do seu pobo, que é o que nos falta aquí en Xinzo."
Ricardo Sieiro, concelleiro de Festexos e Xuventude, amosase moi contento ca repercusión que tivo o Nadal. O seu cometido nestas datas era a iluminación, a decoración e a coordinación de Limialandia e das atraccións festivas da praza Carlos Casares.
"Nese aspecto creo que cumprimos con creces, non porque fora mellor nin peor, senón porque a xente gustoulle. A sensación xeral era que Xinzo estaba mais bonito que nunca, que había ambiente de Nadal"A xente dicía: "Nunca estivo a praza tan bonita como este ano". Sinal dun traballo ben feito.
Pero xúrdenos unha dubida, na praza Carlos Casares e noutros lugares tamén houbo decoracións, pero a afluencia de xente non foi a mesma, entón por que non funciona a Carlos Casares?
"É algo para analizar, porque é unha praza que so funciona no Petardazo, e fora desa data calquera evento que se organice aí sempre é un fracaso. É moi grande, non ten o mellor servizos de hostalería, pero non sei, para min é unha praza bonita, é unha praza céntrica. É unha praza moito mais cómoda que a Praza Maior, polas dimensións que ten, pero non sei"
Dada esta inexplicable circunstancia, as atraccións da Carlos Casares non tiveron o resultado esperado, tendo en conta que a maioría dos eventos celebráronse na Casa da Cultura, pero aínda así non remataron de funcionar. Pola contra Limialandia, celebrado no pavillón de deportes, tivo un bo resultado como todos os anos. Ademais diso, organizouse unha visita para 20 nenos e nenas a Pazolandia, como dí Ricardo:
"Calquera evento con fillos, no que involucres as familias, sempre vai funcionar"
Os prezos das atraccións eran de tipo familiar, pero aínda así non foi suficiente. Todo este tipo de actuacións levadas a cabo dende o concello, supoñen un gastos para as arcas municipais, Limialanda supón un esforzo importante.
Ante o bo recibimento por parte dos veciños e veciñas das decoracións e luminaria do Nadal, as expectativas para o ano que ven amósanse altas, que poderemos esperar?
"Inda que agora xa estamos en clave de Entroido, pero o que si podo adiantar, se eu sigo sendo concelleiro, porque iso sempre me gusta deixalo por adiante, é que o Nadal seguinte será diferente. Non vamos a caer na dinámica de si este ano funcionou o seguinte facer o mesmo, non, vai ser completamente diferente.
Non vamos a colocar o mesmo nos mesmos sitios, nin vamos a colocar a mesma decoración nin iluminación. Si se coloca a mesma decoración será el lugares diferentes. A sensación será distinta"
Polo que só nos queda agardar ao vindeiro Nadal para ver con que nos sorprende Ricardo Sieiro.