Xinzo é case internacional, so faltan veciños de Oceanía.

Xinzo é case internacional, so faltan veciños de Oceanía.

 En setembro produxose un aumento do censo, pero chegado decembro disminuiu a poboación de españois.

Dende fai uns anos o concello de Xinzo ao igual que a maioría dos galegos do ámbito rural ven perdendo poboación.

Pero como xa publicou Dendealimia.com en setembro había 9.759, o que quere dicir que se aumentou en 5 persoas.

Grafica 1

39 NACIONALIDADES- 780 Persoas (8% dos veciños totais)

Xa son 39 as nacionalidades dos veciños de Xinzo.


Facendo unha análise dos datos vemos que Venezuela e Marrocos seguen a estar a cabeza con 144 e 133 respectivamente. Seguidos do pais veciño Portugal con 123 que estaría en terceiro lugar pero que descenderon en poboación con respecto aos anteriores meses, Colombia e Perú están empatados a 72 habitantes. Cabe subliñar o aumento en 25 habitantes de orixe colombiano.

Xa con moita diferencia encontramos a Rumania con 41 habitantes, Brasil con 34, China e Cuba con 24 e a República Dominicana con 14.

Con menos de 10 habitantes atopamos: Alemaña (9), Italia (9), Arxentina (7), Chile (7), Ucrania (7), Ecuador (6), Filipinas (5), Francia (5), Nicaragua (4), Siria (4), Uruguay (4), Albania (3), Pakistán (3), Paraguay (3), Polonia (3), Turquía (3), Bolivia (2), Estados Unidos (2) e Suiza (2).

E xa en solitario con un so habitante censado atopamos: Bélxica, Bulgaría, Hungría, Moldavia, Paises Baixos, Panamá, Serbia e Túnez.

Tamén observamos como nacionalidades que había a primeiros de ano desapareceron a finais, como por exemplo: Croacía, Armenia, México e Honduras.

O maior descenso poboacional atopamolo nos españois, que descederon en 34 persoas.


Estes son os datos oficiais, dos veciños empadroados no concello de Xinzo. Outra cousa diferente, serán os que vivan, aínda que non estean empadroados, dos que todos temos coñecemento, non solo estranxeiros, se non galegos que viven en Xinzo, pero están empadroados nos concellos limítrofes da Limia.

Tabla 1