A volta do Nadal foi complicada para o AB. Xinzo

A volta do Nadal foi complicada para o AB. Xinzo

A falta de entreno por a ocupación do pavillón fixose notar

Primeira xornada do 2025, aínda que moitos equipos volveron as canchas, no seu xogo aínda están de vacacións.

5 dos equipos de A.B. Xinzo non competiron, as Seniors Femininas e os dous equipos femininos e os dous equipos masculinos infantís non xogaron. E dos 12 partidos xogaron solo houbo 2 vitorias.

Durante o Nadal o pavillón estivo ocupado o que dificultou os entrenos, esta foi a principal causa dos resultados obtidos. E esta fin de semana celebrarase o campionato de futbolín, entón os equipos terán que xogar fora da casa.

Victorias

As cadete feminino gañaron onte pola tarde en Xinzo o Blanco Amor, con vitoria de 68-33, e primeira vitoria da tempada dos junior masculino contra Lemos, por 86-69. 

WhatsApp Image 2025 01 13 at 09.58.18

Senior Masculino

Enfrontaronse contra o líder invicto, Salesianos, partido difícil onde o líder demostrou porque o é. A primeira parte rematou con 58-21, o líder desmarcouse dende o primeiro momento polo que non se puido facer moito.

Derrotas

O cadete masculino contra o Blanco Amor, o mini masculino 2013 contra o Bosco, as mini femininas 2013 contra Carmelitas, as mini femininas 2014 contra Maristas, o mini masculino 2014 en Miraflores, os preminis masculino co Miraflores, as preminis femininas xogaron dous partidos os cales perderon, Guillerme Brown e Verín.

WhatsApp Image 2025 01 13 at 09.58.18 (2)

Preminis femininas

Neste caso as pequenas ascenderon de fase e están nun grupo masculino, entón aínda están tomando contacto. Xa que as preminis femininas teñen que competir cos equipos masculinos e cos mixtos para que a competición sexa mais longa.

Veterans

Enfrontaronse contra o Cambre, onde perderon por tan só 13 puntos. 

WhatsApp Image 2025 01 13 at 09.58.17