Xinzo acolle este fin de semana o Torneo Nacional de Futbolín

Xinzo acolle este fin de semana o Torneo Nacional de Futbolín

O primeiro e único torneo nacional da provincia de Ourense

Este fin de semana, por primeira vez na Limia, celebrase un torneo de futbolín a nivel nacional. Con xogadores de toda España, xa hai mais de 150 parellas inscritas.

O levado a cabo pola Asociación de Futbolín A Limia (AFAL),  terá lugar no pavillón de deportes, gracias a colaboración da Concellería de Deportes, o Concello de Xinzo e a diferentes comercios locais que apoian a iniciativa.

Os obxectivos deste torneo, ademais de por a Xinzo no mapa dos torneos de futbolín, e facer visible e incentivar aos mais novos a que xoguen, e tamén as mulleres, que cada día son mais e a campioa de España de futbolín témola en Ourense.

No torneo haberá 3 modalidades de xogo: Movemento, Parado e Tanteo. Esta última é como xogan os membros da asociación, consiste en poder parar a bola co boneco, e con ese mesmo boneco facer o que se queira, pero sen facer cambio. Esta modalidade van a incorporala o venres no torneo cego, para favorecer a participación da xente de Xinzo e para que poida competir xente de toda España na súa modalidade.

As outras dúas modalidades son:

- Movemento: que consiste en tirar solo da media, adiante só se pode tirar a un toque 

- Parado: aquí vale todo, facer cambios adiante, mover a bola para onde queiras

Os futbolíns cos que se vai disputar o torneo son os de Evo Presas, que é o encargado de facer torneos en toda España e neste caso tamén axuda a levar a cabo este torneo. 

Dende a asociación coméntanos que antes da pandemia moitos locais en Xinzo tiña futbolíns, incluso se facían pequenos torneos onde se reunían 8 ou 9 bares e onde chegaron a xogar 20 parellas, pero despois dela a afección empezou a decaer, polo que esta asociación busca traer de volta esa afección. 

Haberá premios para as 3 diferentes categorías: 

- Na modalidade de Movemento, a categoría Elite, onde a parella gañadora levaría 2.000€ e os resto de parellas premios inferiores ata os 100 € para os últimos.

- Na modalidade de Parado, a categoría Elite poderán gañar ata 1.000€.

- E na categoría especial Feminina, a primeira parella clasificada poderá gañar 200€

Hai 1.000€ cada día en premios. 

Para calquera dubida podedes pórvos en contacto no email da asociación: futbolinxinzo@gmail.com 

Cartaz campionato futbolu00edn