A min como limián e como entroideiro, éncheme de orgullo facelo para o pobo de Xinzo

"O sentimento dun pobo" cartaz do Entroido 2025

"O sentimento dun pobo" cartaz do Entroido 2025

Hai elementos moi recoñecibles no cartel que van transmitir, espero, sensacións moi positivas no pobo de Xinzo.

Miguel Carballo, limiao de toda a vida e entroideiro, foi o autor do cartaz deste ano. Inda que o seu estudio está en Asturias, Karbayo Estudio Creativo, non se esquece da súa terra nin da súa xente, na que se inspirou para facer este cartaz.

O eslogan deste ano é "O sentimento dun pobo" , que podemos ver no cartel?

Referente o eslogan de este ano, queriamos englobar diferentes escenas que se transmiten, que se producen no Entroido. Todas elas xuntas formas a silueta dunha Pantalla, que é a imaxe principal do noso Entroido e facer tamén participe ao pobo no cartaz.

Hai elementos moi recoñecibles no cartel que van transmitir, espero, sensacións moi positivas no pobo de Xinzo. O cartel de lonxe di unha cousa e de cerca di outra. Da a sensación do que é o Entroido, unha festa na que a cor é unha protagonista mais.

3

Para a súa elaboración estiveron traballando dende a semana previa ao Nadal, recopilaron todos os cartaces dende o ano 2001 ata o ano pasado para así non caer en repeticións. Polo que o final se decantaron pola ilustración dixital, unha vez xa ca idea clara o proceso creativo levoulle dúas semanas.

Para Miguel como limián, que che supuxo ser o encargado da elaboración do cartaz dunha data tan sinala como Entroido?

A min como limián e como entroideiro, éncheme de orgullo facelo para o pobo de Xinzo. Adicámoslle moito tempo a esta proposta, e traballando con concelleiro (Ricardo Sieiro) man a man, casei tódolos días, e sacando adiante o proxecto.

Iamos co tempo xusto, pero eu estou moi satisfeito co traballo. Agora o traballo é do pobo.

A obra sustentase na certeza de que cada persoa de Xinzo, coa súa complicidade e entusiasmo, mantén viva a chama do Entroido a través do paso das xeracións.

O eixe central do cartaz é a Pantalla, mostrada nun perfil que cobra vida coas escenas, xestos e tradicións da festa.

Baixo o lema "O sentimento dun pobo", o deseño recalca a potencia colectiva que da vida ao Entroido. Lonxe de ser unha festa mais, revelase coma un latido ancestral que cobra vixencia cando o pobo fai seu cada ritual e cada costume. Pasado e presente encóntranse nesta composición, iluminando o legado festivo e reforzando a súa proxección cara o futuro.

Cartel 50x70 final 2