"o importante non son as pedras, o importante é a xente, que é a que lle da sentido a esas pedras"
"Aldeas da Limia Alta" de Bruno Rúa
Unha obra onde recopila as diferentes aldeas da Alta Limia, para que perduren nos corazóns.
Fai menos dun mes Bruno Rúa, presentou na biblioteca da Casa da Cultura, o seu libro "Aldeas da Limia Alta". Unha obra na que cataloga 316 aldeas da comarca da Limia. Nesta obra o autor quere facer "un poema de memoria", e dicir, deixar constancia de todas esas aldeas que poidan acabar baleiras, pero non esquecidas. Como Bruno di "o importante non son as pedras, o importante é a xente, que é a que lle da sentido a esas pedras". Na súa obra quere por en valor o rural, tan vilipendiado dende fai décadas, recoñecendo a sorte que ten todo aquel que pertence a unha aldea.
Para acadar información o autor visita persoalmente aldea por aldea, falando cos veciños e veciñas, fotografando as aldeas para crear un catálogo para a memoria desas aldeas antes da súa desaparición e agardando con esperanza a súa supervivencia
Bruno Rúa, nado en Verín, é licenciado en Filosofía, especializado en antropoloxía social e cultural. Leva mais de 20 anos rastrexando, catalogando, recopilando e codificando datos sobre o patrimonio da comarca do Támega e Monterrei. Gracias a este traballo publicou diversas obras : Guía arqueolóxica do Alto Támega, Petroglifos do Alto Támega, Cruceiros e Petos das Ánimas entre moitas outras. Unha vez rematado os traballos no val do Támega, decidiu ampliar territorio para continuar co seu proxecto de catalogación de aldeas, e comezou a estudar aldeas como Frieiras, Conso, O Bolo, Vinhais, Chaves, Montealegre e por suposto a Limia.
O libro esta a venda en diferentes plataformas dixitais e librarias.