A casa ten os mesmos anos que Manuel, 83
Manuel segue a espera de poder voltar a casa.
Número de conta no que se poden facer as doacións: ES90 2080 5157 8931 1000 4089.
Esta maña a concelleira de Servizos Socias, Mª Angeles Martínez, foi visitar a Manuel, para informarlle de como vai a recadación de fondos e ver como se atopaba.
O Concello de Xinzo a través dos Servizos Socias está a recadar diñeiro para poder axudar a Manuel Araújo, despois de perder a súa casa o pasado luns nun incendio. O Concello habilitou unha conta bancaria onde se poden facer as doacións. Ata o momento levanse reacaudados pouco mais de 500€, mentras se espera a que a xente aporte co que poida o concello está a barallar mais posibilidades.
Manuel de 83 años, tantos como tiña a casa, levaba toda a vida vivindo no mesmo lugar. Xusto o mesmo ano que el naceu, 1941, os seus pais construíron a casa. Sempre viviu nela, o día do incendio atopábase no seu cuarto escoitando a radio, xa a piques de se deitar, cando de repente marchou a luz. Manuel saíu a ver que pasaba e foi cando se encontrou co lume xa subindo pola casa, él puido sair sin sufrir dano algún. A casa non resistiu as lapas e quedou totalmente calcinada. Un fallo eléctrico parece ser o orixe do lume, sumado a que a vivenda tiña as instalacións eléctricas en mal estado e todo o interior era de madeira, de fai mais de oitenta anos, provocou que as lapas se propagaran rapidamente. Os bombeiros non puideron facer nada para evitar que o lume arrasara con todo, deixando a Manuel co posto
Dende enton Manuel vive cunha sobriña que reside tamén no pobo, pero ansia volver a casa. Como traballador do campo durante toda a vida, so recibe unha pensión non contributiba que lle alcanza xusto para vivir, por iso precisa da colaboración cidada para poder voltar a casa. Quere habilitar un pequeno galpón que ten ao lado e convertilo en vivenda, di que non precisa mais, pero as obras de acondicionamento escapanse das súas posibilidades.