A Deputación abre o prazo do programa provincial de Termalismo Social o 28 de xaneiro nos balnearios da provincia

A Deputación abre o prazo do programa provincial de Termalismo Social o 28 de xaneiro nos balnearios da provincia

Os balnearios de Allariz e Berán (Leiro) incorporaranse durante este ano ao programa

A Deputación de Ourense abrirá o prazo de solicitudes do programa de Termalismo Social 2025 o próximo 28 de xaneiro, ofertando nos balnearios da provincia un total de 92 quendas de estancias termais desde febreiro ata novembro.

A principal novidade este ano será o “Termalismo Azul”, modalidade que pretende potenciar as contornas dos balnearios como espazos xeradores de benestar emocional, propiciando a aprendizaxe e adquisición de hábitos de vida para lograr unha lonxevidade saudable.

O “Termalismo Azul” engadirá ás estancias en réxime de pensión completa e ás técnicas termais un menú especial deseñado por nutricionistas utilizando como base  produtos autóctonos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) ou de provedores locais con selo Galicia Calidade.