... vai ir dentro dun evento, no que non é un concerto de Leticia Sabater, senón que vai formar parte dun evento moito mais grande que se chama Festa Glam..."
Sieiro explica o por que de Leticia Sabater no Entroido 2025
Buscase potenciar o venres de Entroido coa 1ª Festa Glam, onde as hombreiras, os cardados, as cores e o brilli brilli non pode faltar.
Esta maña Dendealimia reuniuse co concelleiro de festexos e xuventude, Ricardo Sieiro, dada a polémica xerada nas rúas pola actuación de Leticia Sabater.
O día da presentación do programa do Entroido, as explicacións foron poucas, motivo principal polo que xurdiu a controversia. Dita actuación vaise a producir no marco da 1ª festa Glam que se vai celebrar o venres de Entroido, dende a concellería o que se busca é "potenciar o venres de Entroido, que vemos que estes últimos anos vai un pouco a menos, é un día menor, que pola maña co desfile infantil funciona moi ben pero a noite queda un pouco pobre"
O evento xurde da idea de facer unha festa tematizada baseada nos 80´, no brilli brilli , na explosión de cores, de vestiarios que van acorde tamén co Entroido.
Varias propostas na axenda
Para facer mais completa a festa a música tamén é importante, baralláronse varias posibilidades pero ó final a elección foi Leticia Sabater, en palabras de Ricardo " ¿quen pode ser o máximo expoñente ao que podemos chegar desa época? Pois Leticia Sabater, unha persoa que encaixa un pouco coa filosofía desa festa e coa filosofía do Entroido. E sobretodo porque vai ir dentro dun evento, no que non é un concerto de Leticia Sabater, senón que vai formar parte dun evento moito mais grande que se chama Festa Glam, unha festa baseada nos 80, no momento do resurxir da movida, pero con temática friki, con temática hortera, con temática La bola de cristal."
Na festa haberá mais actuacións, Leticia Sabater é un artista mais dentro desta festa, pero tamén haberá Dj´s e demáis espectaculos.
Ricardo sabía que esta decisión podía traer controversia, polo que se mostra aberto a calquera dubida ou comentario que poida xurdir, o seu obxectivo é encher de música e diversión un dos días mais frouxos do Entroido. Quedaremos a espera de ver como se desenvolve a Festa e si tal e como pronostica Ricardo "pode ser bonito, pode ser unha noite divertida".