A chuvia pouco desluciu a procesión de S.Sebastián
Os policias locais procesionaron ao seu patrón nun percorrido curto por mor da chuvia
As doce da mañá ameazaba chuvia e pronto se conformou a procesión do S.Sebastián a que acudiron alcalde e concelleiros que acompañaron ao Santo portado polos membros da Policía Local e que durante o percorrido curto polo barrio de Abaixo, dende a igrexa Vella ata a Nova aos sons da Agrupación Musical da Limia primeiro e a Banda de Gaitas, despois achegaron o Santo ata o seu lugar, acompañados tamén por un nutrido número de fregueses , veciños, que non quixeron perderse a procesión e a misa, acompañada tamén polos cantos da Coral Sta. Mariña.
Tamén acompañaron, como é costume, varios membros da Garda Civil de Xinzo e de Protección Civil.
Antes de trasladarse ata a igrexa Vella os membros da Policía Local foron saudados no exterior da comisaría polo alcalde e concelleiros do grupo de goberno así como os membros de Protección Civil para sacar a foto de familia antes da celebración do día grande do seu Patrón.