Cinco concellos Limiás en vixilancia por a gripe aviar

Cinco concellos Limiás en vixilancia por a gripe aviar

Vilar de Santos, Sandiás, Porqueira, Xinzo de Limia e Rairíz de Veiga


As medidas serán efectivas dende o luns 20 de xaneiro

Segundo o informe do Ministerio, entre o pasado 1 de xullo e o 15 de xaneiro, comunicáronse en Europa 341 focos de gripe aviar en aves de curral e 684 en silvestres. Deles, 21 corresponden a España, onde o virus só esta circulando entre as aves silvestres. 

Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, na lista de concellos localizados nas Zonas de Especial Vixilancia atopamos: Vilar de Santos, Sandiás, Porqueira, Xinzo de Limia e Rairíz de Veiga. 

Tendo en conta os casos notificados na xeografía española, xunto coa baixada de temperaturas deste mes de xaneiro, o Ministerio conclúe que é necesario aumentar o nivel de risco en todo o país e por en marcha medidas que axuden a prevención da aparición da enfermidade. Polo que a partir do luns 20 de xaneiro, os concellos en risco terán que encerrar as súas galiñas e quedará prohibida a presenza de aves en feiras e certames gandeiros. O Ministerio non descarta que esta situación se teña que revisar nas próximas semanas e dependendo da situación epidemiolóxica decidirase ampliar a lista de medidas preventivas.

Dende a Xunta aconsellan reforzar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, tanto as de carácter industrial como as particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto coas aves silvestres, así como intensificar a vixilancia das aves domésticas e silvestres, comunicando de inmediato a os servizos veterinarios oficiais calquera sospeita da enfermidade. No caso das aves silvestres esta comunicación pódese levar a cabo a través do número de teléfono de atención a cidadanía 012.