Derrota do Antela contra o Maside (0-2)

Derrota do Antela contra o Maside (0-2)

Antela 0- Maside 2


É o segundo partido que perde e o segundo que remata sen marcar. Segue líder, mais os perseguidores recortan a desvantaxe.

O Maside mereceu gañar e soubo gañar. A derrota do Antela no Outeiro Grande (2-0) ten unha explicación sinxela: o rival foi mellor, no ataque, na defensa e no entrexogo, e resolveu en gol dúas ocasións, o Antela, ningunha. 

O mal resultado -a segunda derrota da tempada, o segundo partido sen marcar- freou a euforia que vive o club cos tres equipos situados en postos de ascenso directo. O Antela de Bruno Gómez segue líder e con 8 puntos de vantaxe sobre o Celanova, 12 sobre o Muíños, 13 sobre o Velle e o Córgomo, e 14 sobre o Polígono e o Monterrei. O balance segue sendo excelente, mais cómpre escoitar as alertas temperás.

Onte, en Maside, os locais aproveitaron a súa ocasión a balón parado para marchar por diante ao descanso e meter ao Antela nun escenario desacostumado.

WhatsApp Image 2025 01 19 at 18.31.37

No regreso, o Maside anotou pronto nunha contra e puxo costa arriba o partido. Escenario inédito, máis xa con Óliver no medio campo (substituíndo a Tiago) e Carlos como ariete no canto dun extremo, Dinís. Non houbo maneira. O 2-0 foi demasiado para un Antela que, desta volta, non tivo capacidade de reacción nin topou buratos no rival.

Toca reflexionar agora que a situación é cómoda e resetear o equipo. O Antela recibirá a semana próxima ao Loñoá, que abandonou a última praza goleando (4-0) ao Allariz. No espello da primeira volta, o Antela empeza a segunda empeorando.

Porén, cómpre moderar o abatemento e non desbotar a euforia. As contas son as mesmas que onte. O Antela segue a precisar 41 puntos para alcanzar o título: inda que diminúe a distancia co Celanova, a distancia co ascenso segue a ser a mesma. O Antela pode dárse o luxo de pensar só en si propio.

Maside, 2; Antela, 0.

Goles: 1-0 min. 38: Bardelás, e 2-0 min. 47: Sotelo.

PRÓXIMO PARTIDO: ANTELA – LOÑOÁ, O DOMINGO 26 NA MOREIRA (19ª XORNADA DE PRIMEIRA FUTGAL)

WhatsApp Image 2025 01 19 at 18.45.30