Unha xornada diferente para o AB. Xinzo

Unha xornada diferente para o AB. Xinzo

Xogar fora da casa foi un handicáp para o AB.Xinzo

Esta xornada para o A.B. Xinzo foi unha xornada diferente, xa que non puideron usar o pavillón, polo que todos os partidos foron fora da casa.

Agás un partido, o da Liga Galega Mini, que o disputaron en casa, na metade do pavillón que quedou libre, polo Torneo Nacional de Futbolín. Nesta quenda os cativos enfrontáronse co Novobasket de Vigo, con vitoria para o equipo visitante. Destacar que como agradecemento por deixarlles o pavillón, os organizadores do torneo déronlle a merenda os dous equipos.

WhatsApp Image 2025 01 20 at 00.16.54 (2)

Seniors

O Masculino perdeu contra o Illa de Arousa, xogaron en Allariz, por non poder dispor do pavillón. Con esta derrota case se perden todas as posibilidades de poder clasificarse no ascenso. Tempo de traballar, mentalizarse e loitar para evitar o descenso.

O Feminino xogou contra o C.B. Caselas, un mal segundo cuarto e as baixas que aínda seguen sufrindo fixéronse notar, polo que perderon o partido.

Junior

O Masculino segue a gañar, outra vitoria mais, neste caso contra o Bosco Salesianos. Síntense cómodos nesta segunda fase.

WhatsApp Image 2025 01 20 at 00.16.54

Cadetes

O Feminino aprazouse. E o Masculino perdeu na súa visita ao BBall Ourense o sábado pola maña no Pazo dos Deportes.

Infantis

O Feminino aprazouse. O Masculino 2011 perdeu tamén na súa visita ao BBall e o 2012 na súa visita a Celanova.

Minis

As minis 2013 gañaron en Maside. E os Minis perderon contra o NovoBasket.


As minis 2014 perderon na súa vista a Edo Ba Prácticas.

WhatsApp Image 2025 01 20 at 00.16.54 (1)

O resto de equipos descansaron polas condicións especiais que tivo esta xornada.