Gonzalo Iglesias Sueiro presenta a súa nova obra en Xinzo
O sábado 25 de xaneiro, as 18:30, na Biblioteca Municipal Antelana, presentarase a súa nova obra.
Esta obra é unha recompilación dos mellores artigos publicados por Iglesias Sueiro en diversos xornais, ofrecendo ao lector unha selección das súas reflexións máis salientables.
Gonzalo Iglesias Sueiro, nado en Ourense en 1948, reside en Xinzo de Limia desde 1975. No ámbito educativo, foi director do CEIP Rosalía de Castro e profesor de matemáticas no IES Lagoa de Antela. Na súa traxectoria política, destaca o seu labor como alcalde de Xinzo de Limia entre 1999 e 2001, deputado provincial e delegado provincial de Educación. En maio de 2024, foi nomeado fillo adoptivo de Xinzo de Limia en recoñecemento á súa contribución á comunidade.
No evento participarán Amador Díaz Penín, Alfonso Carlos Lois Suárez, Maribel Outeiriño Rodríguez, Xesús Alonso Montero e o propio autor, Gonzalo Iglesias Sueiro.
O vindeiro sábado, 25 de xaneiro de 2025, terá lugar a presentación do libro Reflexiones en el último milenio, do destacado mestre, pedagogo e exalcalde de Xinzo de Limia, Gonzalo Iglesias Sueiro. O acto celebrarase na Biblioteca Municipal Antelana ás 18:30 horas.