Programación detallada do ENTROIDO 2025
60 pases de charangas e a participación de mais de 40 grupos e artistas ao longo dun mes de programación.
" O sentimento dun pobo" é o lema deste ano
Dentro de7 días comeza o Entroido mais longo de España, de Europa e case do mundo, se non fora porque en Montevideo dura 10 días mais. O Entroido de Xinzo é recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional. Arrancará o sábado 8 de febreiro co tradicional Petardazo e prolongarase ata o domingo 9 de marzo co Domingo de Piñata. Entre as novidades desta edición destaca a 1ª Fiesta Glam Entroido.
A música volverá a ser unha das grandes protagonistas: mais de 60 pases de charangas e a participación de mais de 40 grupos e artistas ao longo dun mes de programación.
O lema deste ano é "O Sentimento dun Pobo". Miguel Carballo foi o autor do cartel promocional do Entroido deste 2025. Na imaxe quixo reunir diferentes escenas da celebración. «O entroido facémolo toda a xente de Xinzo, pasamos o ano pensando nel, é un motor de vida», dixo o autor do cartaz.
8 de febreiro: Petardazo
- 21.00 horas: Festa previa con Jackloops, Lethx Sound, Muíños e John Chrst na Praza de San Roque
- 23.00 horas: Inicio da festa con A Gramola
- 00.00 horas: Petardazo que da inicio ao entroido 2025 na Praza Carlos Casares
- Ata as 02.00 horas: música con Xituma Batuke, A Gramola, Jay Rodric, La Vera Notte, Dani Rodríguez, Achicoria e Xituma Batuke
9 de febreiro: Domingo Fareleiro
- 16.30 horas: Saida dende o Museo do Entroido do carro coa fariña
- 17.00 horas: Reparto da fariña e farelada na Praza Maior
15 de febreiro: Sábado Colgamento do Meco
- 19.30 horas: Inicio da procesión do Meco dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior
- 21.00 horas: Concerto de Vai Rañala Meu e Zurrumalla na rúa Curros Enríquez
16 de febreiro: Domingo Oleiro
- 12.00 horas: Saida dende o Museo do Entroido do carro coas olas
- 12.30 horas: Oleiro infantil na Praza Maior
- 17.00 horas: Oleiro na Praza Maior e no casco vello
- Música e animación con Tarde Piaches, Lirolailo, Os da Pedra Alta, Os Jalos de Antioquía e Aimil
- 22 de febreiro: Sábado Corredoiro
- 21.00 horas: Reunión de disfraces e grupos de disfraces para iniciar o baile do corredoiro coa orquestra Los Players na Praza San Roque
- De 22.00 horas a 02.00 horas: Charanga Sound Band e Charanga Élite
- 23 de febreiro: Domingo de Corredoiro
- Primeiro día no que saen as pantallas
- De 12.00 horas a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas: Charanga Élite e Sound Band
- 28 de febreiro: Venres de entroido
- 11.30 horas: Gran desfile infantil
- 18.00 horas: Animación infantil na Praza Maior
- 21.00 horas e 23.30 horas: Charanga Louband
- 22.00 horas: 1º Festa Glam Entroido de Xinzo coa actuación de Leticia Sabater entre outras.
- 1 de marzo: Sábado de entroido
- De 12.00 a 14.00 horas: Charanga Los Fugitivos
- 18.00 horas: Concerto da Agrupación Musical da Limia
- De 18.00 horas a 21.00 horas: Charanga Achicoria, Los Fugitivos e Patalea
- 21.30 horas: Orquestra Trébol na Praza San Roque
- De 22.00 a 02.00 horas: Charanga Los Fugitivos, Patalea e Achicoria
- 00.00 horas: Orquestra Trébol
- 00.30 horas: La Duendeneta na Praza Maior
- 2 de marzo: Domingo de entroido
- De 11.00 a 14.00 horas: Música con Bandiños Band, Agrupación Musical da Limia, Charanga Patalea, Achicoria e Patalea
- 12.30 horas: Sesión vermú con La Duendeneta
- De 18.00 a 01.00 horas: Charanga Los Fugitivos, Patalea, Armando Jarana e Festicultores
- 3 de marzo: Luns de entroido
- De 12.00 horas a 14.00 horas: Charanga Armando Jarana e Charanga BB
- De 18.00 horas a 01.30 horas: Charanga BCB, Achicoria, Armando Jarana e BBb
- 18.30 horas: Animación infantil na Praza Maior
4 de marzo: Martes de entroido
- De 12.00 a 14.00 horas: Charanga BBB
- 17.00 horas: Gran desfile de entroido 2025
- 19.00 horas: Orquestra Origen na Praza San Roque
- De 19.00 a 21.00 horas: Charanga BBB e Achicoria
- 5 de marzo: Enterro da Sardiña
- 20.00 horas: Procesión da Sardiña coa Agrupación Musical da Limia
- 21.00 horas: Lectura do testamento na Praza Maior
8 de marzo: Sábado de piñata
- 18.30 horas: Xogo da Cucaña na Praza Maior
- 20.00 horas: Baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical de Duo Explosión
9 de marzo: Domingo de piñata- De 12.00 a 14.00 horas: Charanga Queloque's e Charanga BCB
- 17.30 horas: Actividades infantis e talleres na Praza Maior
- De 18.00 a 21.00 horas: Charanga Queloque's e Charanga BCB
- 19.00 horas: Orquestra Kubo