O Bon Xesús será declarado Ben de Interese Cultural
Fai 3 anos que o colectivo Amigos do Mosteiro tramitara a solicitude para protexer o monumento e por fín lograron conseguilo.
O Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, en Xinzo de Limia, será declarado Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia, co que terá a protección legal necesaria para poder rehabilitarse. Nos próximos días publicarase a orden no Diario Oficial de Galicia.
Os Bens de Interese Cultural son aqueles mais singulares do patrimonio de Galicia e o órgano competente de declaralos é o Consello da Xunta de Galicia.
O colectivo Amigos de Mosteiro de Trandeiras iniciou a solicitude para poder por freo ao deterioro que sufría o monumento. O mosteiro fundado no século XVI, en 1523 por Alonso de Piña. Construído polo mestre Bartolmé de Nosendo, que xa habia traballado con anterioridade en Santo Estevo de Sandiás. Ocupado polos monxes franciscanos (1523-1835), nun principio só se ia a construír a igrexa, pero o prior decidiu erguer o mosteiro. Durante a Revolución Francesa foi refuxio de bispos e curas franceses. Xa no século XIX, durante a guerra de Independencia, as tropas francesas destrúen a igrexa e incendio arrasa con parte do inmoble. Dende que os franciscanos abandonaron o convento, vendeuse a particulares e foi quedando no esquecemento. A igrexa mantivo o culto.
Do conxunto monumental, a igrexa é o edificio mellor conservado, sendo a súa cuberta a mais destacable no exterior. Ten decoracións en releve de estilo manuelino, estilo gótico tardío moi característico de Portugal que foi importado polo mestre Bartolomeu.
Formas vexetais entrelazadas con grotescos (seres fantásticos con aparencia humana ou animal) e arcos de dosel (en forma de curva cun pico puntiagudo) conviven nun clima harmonioso no centro do edificio. No alto hai unha enorme torre a esquerda rematada por un campanario. No seu interior posúe magníficas tallas escultóricas, retablos e murais.
A diferencia da igrexa, o claustro non se atopa en tan bo estado. Pero aínda podemos ver a súa planta rectangular cos 28 arcos que a compoñen. O templo e o claustro seguiron en pe, con elementos do primeiro renacemento e outros da época gótica. Actualmente pódese pasear polas ruínas do claustro, que mantén os arcos e os capiteis. Conta con un canal subterráneo que se adicou ao regadío dos campos dos monxes. O sistema hídrico é un dos mais importantes do noroeste peninsular.

A creación, evolución e finalmente o abandono foron recollidas nun extenso informe polos Amigos do Mosteiro de Trandeiras. A plataforma, baseada en documentos realizados por historiadores, defendeu o valor patrimonial do monumento. Non solo polo propio inmoble senón tamén polo entorno que se conservou arredor. Castiñeiros e carballos centenarios conforman un espazo de gran biodiversidade. Ademais, atopase na Vía da Prata, sendo parada para numerosos peregrinos.
Coa declaración de BIC queren crear un punto de referencia patrimonial para ser visitado por camiñantes ou turistas. E sobre todo, dar unha protección legal ao mosteiro a través da que as administracións poderán destinar inversións para facer un plan director para conservalo. Nos últimos meses, a Confederación Hidrográfico do Miño-Sil xa destinou 700.000 euros e prevé inxectar outros 900.000 en restaurar o sistema hídrico do mosteiro. Gracias a esas obras, saiu da lista vermella de patrimonio. Axudou a súa mellora e na tramitación do expediente que sexa de propiedade pública, do Concello de Xinzo.