Novos radares na provincia de Ourense
A DXT pon en servizo 24 novos radares
A Dirección Xeneral de Tráfico (DXT) puxo en servizo un total de 24 novos radares (17 deles fixos e 7 de tramo) nas provincias galegas de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra; Asturias; nas andaluzas de Almería, Málaga e Granada; e na Comunidade Valenciana, en Alicante e Valencia. En Galicia instaláronse sete deses radares, cinco fixos e dous de tramo)
Os novos puntos de control de velocidade están sinalizados na carreteira e publicados na páxina web da DXT e as ubicacións postas a disposición dos operadores para que os inclúan nos seus navegadores.
Neste sentido, durante un mes, os condutores que circulen a unha velocidade superior a permitida polas carreteiras onde están localizados estes novos radares, recibirán unha carta informativa advertíndolles de que foron captados por un radar con exceso de velocidade. A partir do mes o condutor que supere a velocidade será sancionado e recibirá unha multa co importe correspondente.
Ubicación dos novos radares en Galicia
- Pontevedra: N-550 (quilómetro 84,150)
- Ourense: N-525 (quilómetro 227,880) e OU-536 (radar de tramo entre los quilómetros 25,850 e o 28,040).
- A Coruña: (AC-221 (quilómetro 2,500), AC-841 (km 9,800) e AC-552 (radar de tramo entre os quilómetros 26,275 e o 27,300)
- Lugo: no 74,150 (quilómetro 74,150)