“O refuxio da casa e os afectos da familia son fundamentais, non deixedes que as máquinas ocupen o lugar dos pais e avós”.
"O vello milenario" encheu a biblioteca municipal de Xinzo
Gonzalo Iglesias logrou que máis de 200 persoas se achegaran ao acto de presentación do seu último libro
Máis de 30 persoas tiveron que permanecer de pe para escoitar a Gonzalo Sueiro e aos seus acompañantes na mesa, Alfonso Lois, Amador Díaz, Xesus A.Montero e Maribel Ouiteiriño.
O primeiro en falar foi o alcalde Amador Díaz para agradecer a afluencia de veciños e amigos vidos dende Ourense para asistir a presentación do libro do seu amigo Gonzalo.
Despois tocoulle o turno a Alfonso Lois, ex técnico de Cultura de Xinzo, así como alumno de Gonzalo e quen o axudou tamén en escoller os artigos que aparecen neste libro. Alfonso votou mau da IA para nun xogo coa aplicación Chat GPT na que despois de facerlle ler os máis de 150 artigos, lle preguntou que, que opinaba do seu autor e tamén saber si o recoñecería. A aplicación foille entregando diversas explicacións a maneira, forma, estilo etc en 7 puntos ata que chegou a conclusión, que tan solo un 0,5% dos escritores mundiais podían escribir eses artigos e ela decantábase en que era Gonzalo Iglesias Sueiro.
Maribel Outeiroño falou a continuación brevemente do seu amigo Gonzalo e dos artigos que tanto el como outras persoas sempre teñen La Región para poder dar a coñecelos.
Estamos ante un libro extraordinario
Con esta descrición comezaba a súa ampla intervención (sempre é así) o expresidente da Real Academia Galega e prolífero escritor e profesor Xesús Alonso Montero.
“Estamos ante un libro extraordinario, poucas veces tiven a oportunidade de facer o prólogo a un libro tan ben escrito e asombroso coma este”
Durante a sú intervención tamén o declarou como un dos grandes escritores de Galicia, cun saber moi alto, polas citas e mencións que fai nos seus artigos, así como un home moi viaxado, iso si, sempre en familia.
Comecei a escribir porque necesitaba aplacar a angustia que me provocaban as miñas dúbidas"
Para rematar o acto tomou a palabra Gonzalo Iglesias para falar dos seus recordos, do pobo onde naceu e sobre todo acordarse do seu avó, o seu inspirador, do que leu un pequeno poema, para a continuación explicar que el comezou a escribir porque necesitaba aplacar a angustia que me provocaban as miñas dúbidas"
Tamén falou da importancia de escribir con moralidade e con ética, animando aos presentes a loitar pola liberdade de pensamento.
Gonzalo afirmou que “a sociedade ten que cambiar, non podemos perder á familia, se non perderémolo todo”, unhas verbas coas que invitou aos presentes a non desapegarse dos seus: “O refuxio da casa e os afectos da familia son fundamentais, non deixedes que as máquinas ocupen o lugar dos pais e avós”.