Ramas cortadas, balsas de auga nas estradas e anegamentos de rúas

Os poucos postos que se atreveron hoxe a porse na feira.
Ramas cortadas, balsas de auga nas estradas e anegamentos de rúas

Varias zonas anegaronse pola falta de limpeza dos concellos. Para maña esperannse choivas e ventos mais abundantes.

Herminia activou as alertas vermellas en Galicia por ventos de 100 Km/h e olas de 10 metros. A borrasca que entrou polo Atlántico cara as illas Británicas deixou e esta deixando fortes ventos e choivas abundantes.

Esta borrasca pon en evidencia certos problemas que hai na comarca da Limia, referentes a limpeza de camiños e zonas que se anegan de xeito recorrente, en especial no ámbito mais rural.

Varias persoas informaban a Dendealimia da situación que se atopaban onte para chegar a algunhas aldeas. Como é o caso, no concello de Rairiz de Veiga, onde para chegar a Aldea do Muiño os vehículos tiñan que atravesar unha estrada totalmente anegada, consecuencia das choivas e da falta de coidado e limpeza das cunetas. Segundo relatan os veciños, hai mais de 3 anos que non se fan labores de limpeza na zona.


Nos arrabaldes de Xinzo os veciños tamén tiveron problemas, nas proximidades do campo da Moreira, hai persoas que non poden saír co coche dadas as condicións nas que se atopa a estrada, impedíndolle facer vida normal, e provocando incluso saídas da vía, consecuencia do mal estado no que se atopa, incrementado polo temporal.


Collage 2025 01 27 15 44 04

Dende protección civil cóntanos que non houbo incidencias maiores das habituais, como son a caída de contedores de lixo,  e algunha rama caída, pero nada destacable.

Outra zona que tamén se ve afectada polas chuvias e que afecta aos máis cativos é onde está a parada de autobús, na rúa Sitibal, xusto onde esta a parada anegase cando caen algunhas gotas, polo que nestas circunstancias convertese nunha gran balsa de auga.

Collage 2025 01 27 15 53 48

A parte do aviso da Xunta, do 112 e da Policía Local de Xinzo, a Concellería de Deportes do Concello de Xinzo, decidiu onte cancelar todas as actividades ao libre, como medida de seguridade.

Outro dato que podemos observar e que a canle do río Limia, aumentou de xeito considerable, facendo mais evidente as malas condicións en que se atopa, dada a vexetación que se atopa no propio.

Collage 2025 01 27 16 04 48

Dende a semana pasada comezaron as choivas e de momento prolongaranse ata avanzada a semana. Inda que se espera un empeoramento das condicións para maña martes, polo que aconsellamos tomar precaucións nos desplazamentos e saidas.

Captura de pantalla (10)