Presentado o xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xures

Foto cedida
Presentado o xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xures

5 dos 15 carreiros presentados están  nos concellos de Bande, Lobeira, Lobios, Entrimo e Muiños 

O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” lanzou en Fitur a súa proposta turística baseada no patrimonio e a natureza

 Ofrece 15 variados carreiros baixo o nome de “A guía dás mouras”, cun roteiro de sendeirismo por cada un dos municipios que integran o geoestino: A Bola, A Merca, Barbadás, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobios, Lobeira, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea

 

Xeodestino 4

O presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recalcou durante a presentación no Ifema que “continuamos na liña dun turismo sostible onde o fío condutor é a multiexperiencia a través do rico patrimonio e a exuberante natureza deste territorio da provincia de Ourense” Madrid, 24 de xaneiro de 2025. “A guía dás mouras” é a chave que abre as portas turísticas do Xeodestino Terras de Celanova – Serra do Xurés. Territorio do sueste da provincia de Ourense formado polos municipios de: A Bola, A Merca, Barbadás, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobios, Lobeira, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea”, tal e como explicou hoxe en Fitur o presidente do Inorde e deputado de Representacións Institucional, Rosendo Fernández, quen lembrou tamén a inclusión neste territorio do Parque Natural Baixa Limia– Serra do Xurés, ao que pertencen varios dos municipios do xeodestino.

Esta proposta turística, que continúa, tal e como salientou Rosendo Fernández, “na liña dun turismo sostible onde o fío condutor é a multiexperiencia a través do rico patrimonio e a exuberante natureza deste territorio da provincia de Ourense”, ofrece quince variadas aventuras, un roteiro de sendeirismo en cada municipio. Protagonistas desta proposta son os ríos Arnoia e Limia, os cumes das serras do Leboreiro, Silvaescura e Xurés; augas termais; as pegadas do Mosteiro de Celanova; as igrexas, capelas, petos de ánimas e cruceiros; “Mouras” roldando os túmulos, castrexos dominando as alturas e romanos conquistando os vales, granito transformado en casas, pontes, muíños, hórreos, fosos para lobos... Elementos que conforman, dan sentido e unidade á paisaxe cultural que percorren estes roteiros. Outro elemento unificador é a famosa Raia Seca, a fronteira montañosa con Portugal. “Aquí xérase unha cultura de fronteiras, a cultura da xente arraiana, con voces propias. Algunhas dos roteiros presentados aquí achégannos a esta famosa Raia, levándonos sobre as pegadas dos antigos camiños do contrabando”, explicou Rosendo Fernández. 15 roteiros de sendeirismo Esta guía presenta quince roteiros de sendeirismo, unha por cada municipio. 

4328scr 85a5fb6e8594acd

En Bande, a opción é o “Camiño de San Rosendo”, que revive unha vía romana secundaria conectando pequenas aldeas e co importante Castro de Rubiás como punto destacado.

En Entrimo, a proposta é o “Roteiro do pan”, que percorre as aldeas de Guxinde e Pereira, atravesando o río Leboreiro, fronteira natural entre Galicia e Portugal.

Lobeira inclúe o roteiro “Sierra Leboreiro e Cabreira”, que parte da aldea da Fraga, a case 1.000 metros de altitude, e ascende ata a Pía dá Moura, unha roca cunha figura humana tallada.

 “Roteiro Termal” é a proposta de Lobios, conectando o seu capital coa zona termal del Río Caldo, enlazando coa histórica Vía Nova.

Muíños posiciónase co “Roteiro Torrente Salgueiro” co protagonismo de Salgueiro, a aldea habitada máis alta da serra (1.100 metros de altitude”, abandonada a mediados do século pasado debido á súa dureza e illamento e que hoxe e día é un museo ao aire libre, completan a proposta turística presentada en Fitur.