Fin de semana de aplazamentos para o A.B. Xinzo
Dende a Federación Galega de Baloncesto suspenderonse todos os partidos que se iban a xogar o domingo.
O domingo non se puido disputar ningún partido, nin a III Xuntanza Baby Mini que contaba con mais de 200 participantes, xa que por precaución suspendéronse todos os eventos deportivos.
Isto tamén afectou o Senior Masculino, o Senior Femenino, o Premini Feminino, e o Mini Masculino da primeira división da Selección Galega.
Cadetes
As cadetes femininas, o sábado a primeira hora da mañá, gañaron contra o Verín. O Cadete Masculino gañoulle ao Barco.
Juniors
Os Junior Masculino están en racha, encabezando o grupo dous da Liga Junior Masculina, xa levan tres vitorias seguidas, a última o sábado contra o Barco.
Infantis
Os Infantis 2012 e as Infantis 2012, perderon en Maside o sábado pola tarde.
Os infantis 2011, perderon contra o Barco.
Minis
O Mini 2013 non puido xogar o domingo.
As Mini 2013 xogaron e gañaron contra BBall.
O Mini 2014, xogou o venres pola tarde en Xinzo e gañoulle o EDC. Barbadas.
As Minis 2014, ganáronlle ao Barco, que nesta ocasión xogaba con nove xogadoras.
Preminis
Os Masculinos, xogaron o sábado a maña, non Remedios, contra o BBall onde perderon.