¡Gracias Sra. ex alcaldesa, pola súa preocupación!, pero chega tarde
Os veciños do barrio de Abaixo quedaron perplexos co escrito do PSOE ao goberno de Xinzo. "Non damos crédito"
Os veciños do barrio de Abaixo, quedaron perplexos cando viron a publicación no dendealimia da nota que Elvira Lama, en nome do grupo de goberno, solicitando as melloras urxentes no seu barrio.
Os veciños quérenlle replicar a Elvira lama dicindo que fai anos que eles están reclamando ao concello esas melloras.
Que pena que vostede se preocupe agora, e non durante os 4 anos do seu mandato, que sempre se negou a recibir aos veciños. Non obstante moitas gracias, pero xa lle pasou o tempo.
Sra. alcaldesa, agradecemos que vostede se preocupe agora por cuestións que xa estamos intentando acadar nos en distintas reunións cos responsábeis municipais, a última en setembro, contestada precisamente por escrito esta semana polo concello.
Así de claro e conciso se pronuncian os veciños "indignados" do barrio de Abaixo de Xinzo.