Peardazo e Fareleiro 2025

Sete días para o gran día

Sete días para o gran día

Máis seguridade, máis música, máis fogos e máis de 200 kg de fariña

Petardazo

Este ano o Petardazo ven con novidades. Para que a xente non pare de bailar e evitar aglomeracións, a música soara por toda a vila. En palabras de Ricardo Sieiro, concelleiro de festexos: Entendemos que é un evento que aglutina moitísima xente, entón intentamos diversificar e que a xente non este concentrada toda nun punto, tamén pensando na seguridade. Tamén é unha maneira de dinamizar, non só na praza Carlos Casares e a zona de viños, senón tamén expandir un pouco a festa e darlle vida a outras zonas da vila.

Dado que a xente comeza a vir dende moito antes do momento culmine, este ano dende a concellería de festexos, decidiuse organizar diferentes eventos musicais pre-petardazo.

Na praza de San Roque a partir das 20:00 h da tarde comezará a música, ata as 22:30 h haberá unha disco móbil con diferentes dj´s, moitos deles locais, Jackloops, Lethx Sound, Muíños e John Chstr, onde amosaran o seu traballo. Estes artistas volveran por música a partir das 00:30 h.

WhatsApp Image 2025 01 31 at 22.23.01

Xa as 23:00 h comezará, na praza Carlos Casares, A Gramola. No mesmo escenario terá lugar a conta atrás, que dará o inicio oficial do Entroido 2025. Haberá fogos de artificio que se botarán dende o aparcadoiro, que se vai acoutar como medida de seguridade, para o lanzamento do petardazo. E a música soara ata altas horas da madrugada para que a festa non decaia.

WhatsApp Image 2025 01 31 at 22.33.25

Unha vez comezado o Entroido, as 00:10 h Xituma Batuke comezará dende a praza Carlos Casares a ritmo de batucada, ata a praza Maior e zona viños, rematando na praza de Oriente, onde daranlle o relevo as charangas, Achicoria. Que se iran alternando para ofrecernos música ata as 2:00 h.

WhatsApp Image 2025 01 31 at 22.25.13


WhatsApp Image 2025 01 31 at 22.36.27

Este ano reforzaranse as medidas de seguridade, o camión da AXEGA estará na praza Carlos Casares, tamén haberá un hospital de campaña, dende as 00:00 h ata as 6:00 estará activo a Punto Violeta. Na praza Carlos Casares estará viaxada por gardas de vixilancia privados, que o longo da noite moveranse por diferentes lugares, ademais da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil. Os accesos a praza Carlos Casares estalan vixiados en todo momento.

Fareleiro

O Fareleiro manterá o mesmo formato dos últimos anos. 

As 16:30 sairá o carro coa fariña, dende o Museo Galego do Entroido ata a Praza Maior, onde repartiran a fariña. Mais de 200kg de fariña serán repartidos para o desfrute dos cativos e non tan cativos.

Fareleiro (3)