A Banda de Xinzo cumpre anos

A Banda de Xinzo cumpre anos

35+1


A Escola Municipal de Gaitas & Percusión de Xinzo de Limia celebra o seu 35 +1 aniversario, dende que celebraron os 25 anos, veñen organizando un concerto de celebración cada 5 anos, o ano pasado non puido ser, polo que este ano a celebración chamase 35+1.

Este ano o concerto aniversario será en Xinzo, o 11 de maio, para despois ir recorrendo diferentes lugares, e o último fin de semana de novembro rematar o ano no Teatro Principal ou no Auditorio de Ourense.

Gústanos facer algo diferente en cada aniversario, e neste vamos a facer algo diferente do que fixemos nos anteriores, distintos actos, distintas actuacións.

Dentro da programación do aniversario atoparemos pezas novas, algunhas descubrirémolas no primeiro concerto e outras no de final de ano.

TAMÉN HABERÁ COLABORACIÓNS

Para o último concerto haberá amigos, como se fixo nos anteriores aniversarios no que estiveron entre outros Kepa Junquera. Intervirán nesta edición tamén os compoñentes de  Tarde Piaches, e por suposto poremos a venda camisetas e merchandising conmemorativo, para axudar aos custes dos concertos.

Aproveitando que hai membros da banda que estudan no conservatorio, farase unha fusión de diferentes instrumentos xunto coas gaitas e pandeiretas.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS FORA DAS CONMEMORATIVAS 

A parte destas actuacións a Banda de Gaitas xa ten programados os festivais nos que van a participar, un en León e outro en Villaviciosa (Asturias). E en xullo, no festival de bandas que se celebra todos os anos, están intentando que veña algunha banda de Bretaña e intentar facer un festival mais grande, e desta maneira intentar participar nós tamén nun festival da Bretaña.

O teatro Principal vibrou coa banda de Xinzo


WhatsApp Image 2025 01 31 at 20.17.29 (1)


Hai bandas mais antigas, pero 36 anos, xa é un camiño grande.

A día de hoxe na banda principal, A, hai mais de 50 compoñentes, entre gaitas, percusión (tambores, bombos, timbais, , pandeiretas, percursionistas) e vento (trompetas, saxos altos, saxo tenor, saxo soprano, trombón, trompa, baritono, frauta traveseira, clarinetes).