Fin de semana de 15 partidos
O domingo, dende as 9:30 h ata as 21:30 h hubo un balón botando. Este fin de semana colaboraron na loita contra o cancro, lucindo un brazalete verde nos partidos xogados na casa
1 o venres, 4 o sábado e 10 o domingo.
O sábado de maña houbo un pequeno contratempo, os árbitros non puideron chegar por unha avaria na coche, entón o derbi dos infantís tivo que ser dirixido por eles, Gabi fixo a labor de árbitro e Luis Miguel de mesa, e sacaron o partido adiante para que non se suspendera.
Senior
Xogaron en Vigo o partido suspendido a semana pasada, contra o Rias Baixas.
O sábado xogaron contra o Porriño e ganáronlle por 17 puntos.
Rematando esta primeira fase con 7 vitorias e 7 derrotas. Un sexto posto, onde unha vitoria mais houbera marcado a subida ao grupo de arriba, que permitiría a loita polo ascenso.Nesta segunda fase loitaran con ilusión por salvar a categoría de Liga Galega.
As senior femininas xogaron contra Santa Baia (Boiro), durante todo o partido as xogadoras do A.B.Xinzo mantivéronse, pero o chegar o terceiro cuarto fraquearon, pero onde conseguiron gañar na prorroga, a canasta do último segundo logrou a vitoria.
Junior
Partido moi axustado, onde gañaron por un punto contra o Blanco Amor. Continúan coa racha de vitorias, xa acumulan catro seguidas.
Cadete
Os cadetes masculinos perderon na súa visita ao Bosco, por unha canasta.
As cadetes xogaron o derbi contra o Allariz, nun partido moi igualado, onde resultaron gañadoras as do A.B. Xinzo.
Infantil
Hubo derbi infantil feminino, onde as do 20011 ganáronlle as de 2012.
Os infantís masculinos do 2011 xogaron contra o Blanco Amor, partido moi loitado onde os do Blanco Amor gañaron por pouco.
Os infantís masculinos do 2012, perderon contra o Bosco
As infantís 2012 tamén repetiron xornada, dado o aprazamento da semana pasada, perdendo contra o Blanco Amor. No partido desta xornada volveron a perder contra Carmelitas.
Mini
As minis 2013 perderon contra Maristas
As minis femininas 2014 perderon contra o Mestre Vide
Os minis 2013 masculinos, de Liga Galega, perderon contra o lider, BBall.
Preminis
As preminis perderon contra Maristas, pero é que o equipo encontrase con moitas baixas dada a época de virus, catarros e gripes.