Día Mundial dos Humidais 2025
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás, acolleu unha xornada especial organizada por SEO/BirdLife, en colaboración coa SGO e SGHN.
O pasado 1 de febreiro, sábado, o Centro de Interpretación á Lagoa de Antela, en Sandiás, acolleu unha xornada especial para conmemorar o Día Mundial dos Humidais 2025 coa participación de 91 persoas ás que lles damos as grazas pola súa implicación nesta actividade de sensibilización.
O evento, organizado por SEO/BirdLife, contou coa participación da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), e tivo como eixo central a Lagoa de Antela, considerada un humidal esquecido tras ser desecada a mediados do século XX.
Saúdos iniciais, relatores, participación institucional e agasallos
O acto deu comezo coa presentación do alcalde Felipe Traveso que agradeceu a participación masiva de persoas nas xornadas e deu as grazas aos presentes por parte da Administración Autonómica, alcaldes, e concelleiros de concellos limítrofes e especialistas dos relatorios. Tamén agradeceu á organización nacional SE0/BirdLife por ter situado este importante evento no Concello de Sandiás.
Por parte de administración estivo presente a directora territorial da Conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climático na provincia de Ourense, María José Fernández Laso, Ramón Martí Montes, Director de Desenvolvemento Institucional de SEO/BirdLife, Gustavo Ferreiro, representante de SE0/BirdLife en Galicia, Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Diego Vieites, especialista en ornitoloxía e o alcalde de Vilar de Barrio e concelleiro de Vilar de Santos.
Finalmente, o coordinador do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, Pepe Gándara fíxolle entre duns agasallos aos relatores principais da mesa: o libro “Oceanoe.
Travessia polo Mar das Antelas”, precioso libro que mostra unha travesía musical por diversos recunchos da Lagoa precedidos dun conto escrito nun estilo de realismo máxico; “Sandiás, a Lagoa de Antela e Nós” de Alex De los Ríos, onde se presenta unha escolma de textos en relación coa Lagoa e “A revolta da Lagoa” do escritor limián Rafael Laso, magnífica testemuña da memoria dos chamadoiros da Lagoa, dos sons e imaxes do pasado da Lagoa que nos axuda a imaxinar a lagoa no presente. Tamén destacou a importancia da transferencia de coñecemento que teñen estes encontros para a renovación da museística e o discurso didáctico nas visitas guiadas da “Casa da Lagoa”.
Relatorios, preguntas do público e saída de campo. Visita ao complexo húmido Limia/Antela
Durante a xornada, presentouse o informe de SEO/BirdLife sobre a situación actual dos humidais en España por parte de Ramón Martí e ademais, tratáronse valores ornitolóxicos da Limia e posibles modelos de recuperación destas zonas con Diego Vieites. Gustavo Ferreira, delegado de SEO/ Bird Life, en declaración ao xornal La Región indicou que segundo un recente informe, “ o 70% dous humidais a nivel nacional están en mal estado”, salientando o contexto actual cun clima cambiante e as agresións humanas. A peor parte, está nas rexións mediterráneas. No caso do clima atlántico, é un pouco mellor pero sen descoidarse”
Afondouse de maneira particular na historia e futuro da Lagoa de Antela a cargo de Serafín González, presidente da SGHN. Fixo un magnífico periplo pola historia da Lagoa e a súa morfoloxía valéndose de documentación cartográfica histórica. Así mesmo puxo de manifesto as diversas problemáticas existentes no humidal natural e propostas concretas de restauración.
A programación incluiu tamén unha saída de campo para visitar os humidais naturais e artificiais da Limia, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza ambiental desta contorna. Para facilitar o desprazamento, dispúxose dun microbús ata cubrir as prazas e tamén de vehículos particulares. A visita guiada levouna a cabo Serafín González, presidente da SGHN. Os asistentes achegáronse en primeiro lugar ata o proxecto da SGHN denominado “Poza das Conícoras”, proxecto da Sección Antela que inclúe unha charla areeira sobre a que se asinou un acordou de custodia do territorio.
Remodeláronse beiras buscando a creación de bancos areosos e limosos e mellorando a interfase entre medio acuático e o terrestre para facilitar a colonización vexetal das beiras, a alimentación das aves e a cría. A seguinte visita foi unha parada non chamado observatorio ornitolóxico 2 ou “Casa dos Terróns”, denominación que ten que ver coas “felpas” feitas non seu tempo coa mestura de terra e o xunco chamado beón. Finalmente visitouse o proxecto da “Veiga de Gomareite” que forma parte tamén un proxecto de restauración ambiental da SGHN. Ten asinado un acordo de custodia de territorio compartido cun gandeiro local de vacún en extensivo..Utilizouse durante moito tempo para depositar restos de concentracións parcelarias (muros pedras e tocos de árbores) e co paso do tempo outros tipos de residuos. As pedras de concentración foron reutilizadas para que axudasen a reter a auga e últimamente fixeron uns promontorios a modo de observatorios ornitolóxicos. O resultado é un humidal pastoreado e a recuperación rápida da Veiga que foi colonizada por Eryngium viviparum (en 20 hectáreas reside a cuarta parte da súa poboación). Tivo un efecto positivo sobore a Conícora e o Lepidurus apus e dispón de boas condicións para o Espiñenteo a raniña de San Antón, Lagarto Verdinegro, Cabra do Aire, Sapo de Espuelas, aguilucho cenizo e pálido, Sisón, alcaraván, chorlitejo chico, Agachadiza, Choromica e Mazarico real.
Con esta xornada o Concello de Sandiás e ou Centro de Interpretación dá Lagoa de Antela, buscaron por en valor ou patrimonio natural e sensibilizar sobre a importancia dá conservación dúas humidais. En definitiva, unha oportunidade única para coñecer e valorar ou noso patrimonio natural!