Este ano o Concello de Xinzo organiza o primeiro concurso fotográfico, como non podia ser outra, a temática é o Entroido de Xinzo.
O concurso conta coa colaboración de diversas entidades, entre elas Dendealimia
O xurado estará composto por fotógrafos e fotógrafas de Xinzo que non queiran participar e por a Ass. A Pantalla.
Bases do Concurso de Fotografía 2025
Tema: Entroido de Xinzo, Un Sentimento
Un sentimento e o concepto para este concurso do Entroido de Xinzo de Limia 2025. A localización das fotografías ten que ser na vila de Xinzo durante os días do ciclo do Entroido 2025
Duración
A data de comezo do concurso será o 8 de febreiro, ate o 13 de marzo de 2025, sendo o 13 de marzo a data limite para enviar fotografías.
Durante os seguintes días, o xurado reunirase para deliberar e dar a coñecer aos ganadores ou gañadoras. Si por causas de forza maior fora necesario aprazar, modificar ou anular o concurso seria dado a coñecer a todos os participantes.
Visionado das fotografías
As fotografías seleccionadas e gañadoras colocaranse nun álbum na páxina web do Concello de Xinzo de Limia.
Gratuidade
A participación e gratuíta.
Envío das fotografías e formato
Cada participante poderá enviar un máximo de 3 fotografías, aínda que só unha delas poderá ser seleccionada por participante.
A fotos poden ser en branco e negro ou a cor.
As fotografías, xunto co formulario de inscrición -que atopase na paxina do Concello-, teñen que mandarse por correo electrónico a culturadexinzo@gmail.com indicando no correo o título da obra e o autor, así como un teléfono de contacto.
Si se envían varias fotos, basta con enviar un só formulario co título das distintas fotos no apartado título.
Para esta primeira selección, as fotografía non poden pesar mais de 10 MB. As fotografías non se poden retocar nin pode ser utilizada a Intelixencia artificial.
Xurado
O xurado estará formado por fotógrafos e fotografas de recoñecido prestixio do Concello de Xinzo de Limia e por representantes das entidades colaboradoras, así como persoas competentes no arte fotográfico e/ou artístico.
O xurado reservase o dereito da interpretación das bases do presente concurso e de resolución dos casos non contemplados, acordo co seu mellor criterio. O xurado pode declarar algún premio deserto.
Premios
Entre as fotos seleccionadas, o xurado entregará os seguintes premios:
- Primeiro premio tarxeta regalo de 300 +10€ desconto de Prolimia para gastar no Comercio e hostalería de Xinzo.
- Segundo e terceiro premio, sendas tarxetas regalo de 100 + 10€ desconto de Prolimia para gastar no Comercio e hostalería de Xinzo euros
- Tres accesis de tres tarxetas regalo de 100 euros a cada unha das tres fotografías finalistas cortesía do Xornal Dende a Limia, da Ass. A Pantalla e do Xornal Diario do Limia.
- Os tres primeiros clasificados terán un lote de produtos cortesía de Aceites Abril
- E tamén unha impresión da fotografía de 50X70 cortesía de Carlin Xinzo.
Os premios son persoais e intransferibles, nin son canxeables por o seu contravalor en metálico.
Titularidade das fotografías e dereitos de propiedade intelectual
O participante declara ser titular da fotografía ou, no seu caso, dispor dun dereito de uso da fotografía aos fins de participar no concurso. O participante declara que, en relación á fotografía aportada, que posúe todas as licencias, dereitos, consentimentos e/ou permisos necesarios para a utilización da fotografía aos fins do concurso e para autorizar o seu uso ao Concello de Xinzo de Limia nos termos e co alcance definidos nas presentes bases. O Concello de Xinzo de Limia declina calquera responsabilidade e/ou danos dereitos ou consecuencias, derivados da publicación das fotografías, quedando indemne de calquera queixa, reclamación e/ou demanda que se realice por terceiros en relación as mesmas.
En caso de aparecer persoas identificables nas fotos, non se poderán exixir dereitos de imaxe ao Concello de Xinzo de Limia.
O Concello de Xinzo de Limia reservase o dereito de admisión dos participantes e/ou das súas fotografías.
Propiedade Intelectual
O participante declara e garante ao Concello de Xinzo de Limia que a fotografía que cede para a participación no concurso non lesiona os dereitos da propiedade intelectual ou industrial de terceiros, e que o mesmo non conten obras ou prestacións protexidas pertencentes a persoas distintas do participante. O Participante será plena e exclusivamente responsable e garante e manterá indemne ao Concello de Xinzo de Limia en relación a calquera responsabilidade, reclamación, indemnización, sanciones etc que se deriven por a utilización das fotografías por parte do participante e/o el incumprimento desta obriga de respecto a dereitos ou intereses de terceiros.
Participación Fraudulenta
No caso de que o Concello de Xinzo de Limia detecte calquera anomalía ou sospeiten que un participante este impedindo o normal desenvolvemento do concurso, poderá eliminar a inscrición dese participante de forma unilateral. No caso de que se entregue un premio e despois comprobárase que esa foto non cumpre cos requisitos destas bases, o Concello de Xinzo de Limia reservase o dereito de anular e reclamar o premio do participante.
Material fotográfico enviado
Os autores das fotografías seleccionadas renuncian expresamente a calquera dereito sobre as mesmas, autorizando expresamente ao Concello de Xinzo de Limia, de forma gratuíta e indefinida, a utilizar as fotografías para dar a coñecer este concurso ou o Concello de Xinzo de Limia en esta ou en futuras edicións, a través de medios dixitais, audiovisuais ou impresos.
Protección de datos
De acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos, os datos facilitados, serán incorporados a un ficheiro propiedade do Concello de Xinzo de Limia, cuxa finalidade e xestionar o presente concurso, así como informar de futuras acciones promocionais e comerciais relacionadas con este concello.
O interesado ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que elo afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo a súa retirada.
Depósito e aceptación das Bases
O Concello de Xinzo de Limia reservase o dereito de eliminar xustificadamente a calquera participante que defraude, altere ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario do presente concurso así como a resolución de calquera cuestión derivada da presente actividade cultural.
O Concello de Xinzo de Limia reservase o dereito de anular o concurso por causas de forza maior. Do mesmo xeito, tamén pode cambiar os prazos e condicións de participación si se considerase necesario.
Informase aos posibles participantes que o simple feito de participar no concurso implica a aceptación sen reservas das presentes bases na súa totalidade.
Estas Bases de do Concurso réxense por a lei española.