Vivir o Entroido axuda a previr o deterioro cognitivo
A Escola Rural de Saude da Limia foi de visita o MUGAE
Vivir o entroido é sentir de novo a ilusión que nos leva aos recordos que ano tras ano retamamos nestas datas na Limia. E o Entroido axuda a fortalecer a memoria.
Diversos estudos así o recollen, e en Xinzo de Limia temos recursos de primeira calidade, que fan posible que vivamos a cultura, as tradicións,, o rural, a creatividade, a ilusión... todos eles elementos que contribúen a crear conexións neuronais que favorecen a prevención do deterioro cognitivo.
É por iso, que temos razóns na Asociación Escola Rural de Saúde da Limia para visitar novamente o Museo Galego do Entroido (MUGAE) e realizar unha visita guiada cun grupo numeroso de persoas. de varios concellos da contorna.
É unha actividade realizada coa colaboración da Deputación de Ourense e que a Escola Rural de Saúde realiza coa intención de dinamizar o rural e favorecer a inclusión das persoas maiores nas actividades comunitarias.