​Día Mundial contra o Cancro: Posto informativo na Praza Maior

​Día Mundial contra o Cancro: Posto informativo na Praza Maior

Durante o día de hoxe na praza Maior

Hoxe, 4 de febreiro, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro, unha data dedicada á concienciación e prevención desta enfermidade. Co obxectivo de informar e sensibilizar á cidadanía, o Concello de Xinzo, a través da Concellería de Servizos Sociais, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, instalou un posto informativo na Praza Maior.

Unnamed (5)

Durante a xornada, as persoas interesadas poderán achegarse para recibir información sobre prevención, detección precoz e apoio ás persoas afectadas polo cancro, así como coñecer os recursos dispoñibles para pacientes e familias.

Unnamed (3)