O Concurso de Comparsas e Carrozas do Entroido de Xinzo repartirá 3.000 euros en premios.
O desfile celebrarase o martes de Entroido pola tarde, como manda a tradición.
Como cada ano, celebraranse dous grandes desfiles de Entroido que encherán as rúas de cor, música e tradición. O venres 28 de febreiro terá lugar o desfile infantil, no que participarán máis de 1.500 escolares de toda a contorna, e o martes 04 de marzo ás 17:00 horas será o Gran Desfile do Entroido de Xinzo, mantendo así a súa data e horario habituais.
Este ano, o Concurso de Comparsas e Carrozas mantén a súa dotación económica, repartindo un total de 3.000 euros en premios distribuídos nas seguintes categorías:
Para participar no Concurso, xa sexa nalgunha das categorías ou como membro do xurado, é necesario inscribirse antes do mércores 19 de febreiro ás 20:00 horas, enviando un correo electrónico a entroido2025xinzo@gmail.com, ou acudindo presencialmente á Biblioteca da Casa da Cultura.
As bases completas do concurso están dispoñibles na páxina web do Concello de Xinzo de Limia.