A CHMS mellora o saneamento municipal
A CHMS invirte 1.100.000 de euros en mellorar o sistema de saneamento do concello de Xinzo de Limia
Actuose nas zonas do antigo matadoiro Rubio e na carreteira de Baltar e Avda. de Portugal, así como na marxe esquerda do río, na zona das piscinas, instalacións deportivas e pavillón municipal.
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Amador Díaz, alcalde do concello de Xinzo de Limia, visitaron a zona onde se executaron as obras de eliminación de vertidos ao río Limia, localizadas no tramo urbano da localidade; actuacións que supuxeron unha inversión de 1.100.000 €, financiadas nun 80% polo organismo.
No tramo urbano do río Limia o seu paso pola poboación producíanse vertidos ao río non conectados coa rede municipal, nas zonas do antigo matadoiro Rubio, nas marxes do río situadas entre a carreteira de Baltar e a carreteira de Os Blancos, así coma outros vertidos de construcións na marxe esquerda do río Limia incluídos a zona das piscinas municipais, pavillón e resto de instalacións deportivas municipais.
As actuacións consistiron na canalización dos vertidos ata un pozo de rexistro, localizado no parque de O Toural, que os conducirá cara a EDAR municipal para o seu tratamento antes de ser devoltos ao leito do río.
Construíse un colector na marxe esquerda do río Limia entre a Avda. de Portugal e a Avda. Dous de maio que recolle os vertidos das vivendas situadas en dita marxe, así como os procedentes do pavillón de deportes e piscinas municipais. Dende este punto, realizouse un cruce subterráneo do río Limia cara o parque do Toural e unha estación de bombeo que dirixe as augas residuais á rede municipal para envialas á EDAR de Xinzo de Limia.
Este colector entre a Avda de Portugal e Avda Dous de Maio, funciona por gravidade pero, tendo en conta o chairo do terreo a metade do tramo, construíse unha estación de bombeo intermedia de augas residuais.
Finalmente, incluíuse unha terceira estación de bombeo de aguas residuais que parte do pozo onde antigamente vertía o matadoiro Rubio -marxe dereita do río Limia antes de enlazar coa marxe esquerda da Avda de Portugal- que as canaliza ata un pozo existente da rede municipal no parque da marxe dereita do río Limia e da citada Avda. de Portugal.
“É unha obra de saneamento que, como a maioría das actuacións deste tipo, non se aprecia a simple vista, pero o resultado será unha mellora notable do medio ambiente e a calidade das augas do río Limia no núcleo urbano da localidade” explicou o presidente.
Pola súa parte o alcalde agradeceu a implicación e a importante financiación da CHMS nesta actuación clave para o municipio.
“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes de cara a preservar e mellorar a calidade das augas dos nosos leitos fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canal de comunicación mais directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas as que representan” concluíu o presidente.